Material de construción
Un material de construción é un produto natural ou preparado usado en enxeñería civil e arquitectura. Os materiais de construción clasifícanse segundo as súas propiedades ratificadas con ensaios.
Regulación
editarNos países desenvolvidos, os materiais de construción están regulados por unha serie de códigos e normativas que definen as características que deben cumprir, así como o seu ámbito de aplicación. O propósito desta regulación é dobre: por un lado garantir uns estándares de calidade mínimos na construción, e polo outro lado, permitirlle aos arquitectos e enxeñeiros coñecer de forma precisa o comportamento e características dos materiais que se poidan empregar.
As normas internacionais máis empregadas para regular os materiais de construción son as normas ISO.
Clasificación
editarA clasificación dos materiais empregados na construción segundo a súa orixe:
- Materias pétreos naturais e artificiais.
- Aglomerantes, o cal, o xeso, os cementos...
- Materiais metálicos
- Materiais orgánicos, as madeiras e os plásticos.
- Outros materiais como os bituminosos, pinturas e illantes.
Este artigo sobre arquitectura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |