Margarita Astray
Margarita Astray Reguera, nada en Ourense en 1885 e finada en Madrid en abril de 1936, foi unha escritora en lingua castelá e pianista galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1885 Ourense, España |
Morte | abril de 1936 (50/51 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | escritora, pianista |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
Traxectoria
editarEducada en Madrid, casou aos dezaoito anos de idade con Salvador Luccini Corcuera, enxeñeiro agrónomo, tivo un fillo e enviuvou moi nova. Deu concertos nas Illas Baleares, Italia, Suíza, Francia, Inglaterra e Portugal e fixou residencia en París.
De volta en España, deixou a actividade musical para dedicarse á literaria. Colaborou en Heraldo de Madrid, Marineda (A Coruña),[1] La Tribuna (Madrid), Pictorial Review (Nova York), La Ilustración Artística (Barcelona), La Ilustración Española y Americana (Madrid), Ideales (Madrid) revista que fundou e dirixiu, Blanco y Negro (Madrid) e ABC (Madrid).
Volveu casar, con Enrique Loup.[2]
Obras
editarNotas
editar- ↑ Hemeroteca Arquivado 16 de setembro de 2018 en Wayback Machine. da Real Academia Galega.
- ↑ Necrolóxica ABC, 15/4/1936 (en castelán).
- ↑ Obra teatral estreada en Bahía Blanca, Arxentina, o 17/7/1920, e publicada en Madrid o mesmo ano. A acción transcorre na Primeira guerra mundial en Madrid e Vigo.
- ↑ Publicada no n.º 4 da revista mensual Ideales.
- ↑ Comedia en prosa de tres actos. Estreada no Teatro Rosalía de Castro da Coruña en outubro de 1936. Unicamente se conserva unha copia mecanografada no Institut del Teatre de Barcelona.
- ↑ Estreada en Andalucía en 1933.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Margarita Astray |
Bibliografía
editar- "Astray Reguera, Margarita". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 77.
- Alvarellos, Enrique (1993). Mulleres destacadas de Galicia. Alvarellos Editora. p. 25. ISBN 84-85311-96-5.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán) I. Bibliófilos Gallegos. p. 100.
- Marco, Aurora (1993). As precursoras. Achegas para o estudo da escrita feminina (Galiza 1800-1936). La Voz de Galicia. ISBN 84-88254-19-9.
- ——— (2007). Dicionario de Mulleres Galegas. Edicións A Nosa Terra. p. 43. ISBN 978-84-8341-146-9.
- Nieva de la Paz, Pilar (1993). Autoras dramáticas españolas entre 1918 y 1936 (en castelán). CSIC. ISBN 84-00-07360-6.