Mare Moscoviense
Mare Moscoviense (Mar de Moscovia ou Mar de Moscova) é un mar lunar. Situado na conca Moscoviense, é un dos poucos mares ao lado oculto da Lúa. Ten un diámetro de 277 quilómetros[1], e unha área de 19 600 quilómetros cadrados.
Como a maioría dos mares lunares, foi formado polo impacto dun asteroide contra a Lúa, e a posterior inundación do cráter formado con lava, a que, ao solidificarse, formou un interior chairo e escuro de basalto. A gran diferenza de alturas entre o mare e o terreo circundante pode, talvez, explicar a pobreza en mares ao lado oculto; poucos impactos terían a enerxía suficiente como para fracturar a capa de roca máis grosa deste hemisferio e provocar vulcanismo.[1] A capa basáltica do mar é bastante delgada, aproximadamente 1,5 km[2], o que apoia esta teoría.
O material da conca é do período Nectárico, mentres que o material do cráter é do período Ímbrico Superior.[1] A conca posúe unha irregularidade gravitacional (mascon).[2]
A rexión foi orixinalmente bautizada como Mare Moscovrae despois de que a sonda Luna 3 reenviase as primeiras imaxes do lado escuro da Lúa.[3]
O cráter Komarov atópase ao sueste do mar, e o cráter Titov está na rexión norte.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Lunar prospector: Atlas Lunar: Mare Moscoviense Arquivado 16 de setembro de 2008 en Wayback Machine. (http://lunar.arc.nasa.gov/science/ Arquivado 27 de abril de 2013 en Wayback Machine.)
- ↑ 2,0 2,1 Wood, C.A. (2004) Impact Basin Database Arquivado 07 de agosto de 2014 en Wayback Machine.
- ↑ "Luna E-3". Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2010. Consultado o 25 de decembro de 2016.