Mar Céltico
O mar Céltico (Mhuir Cheilteach en irlandés, Y Môr Celtaidd en galés, Mor Keltek en córnico, Mor Keltiek en bretón, Celtic Sea en inglés, Mer Celtique en francés) é unha área do océano Atlántico que se atopa na costa sur de Irlanda. Limita ó leste co canal de San Xurxo, co canle de Bristol e co canal da Mancha. As súas augas bañan as costas adxacentes de Irlanda, Gales, Cornualla, Devon e a Bretaña. As fronteiras sur e oeste son delimitados pola plataforma continental, que cae abruptamente. Ten unha fondura que varía entre os 50 e os 200 metros. Trátase dun mar rico en peixe no que abundan as sardiñas.
(ga) Mhuir Cheilteach | |||||
Tipo | mar | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | océano Atlántico Norte | ||||
Localización | |||||
País da cunca | Irlanda, Francia e Reino Unido | ||||
| |||||
Afluentes | Río Suir ,Río Bandon ,Río Lee ,Munster Blackwater ,Argideen River (en) ,Figile River (en) ,Finnery River (en) ,Kings River (en) ,River Ara (en) ,River Awbeg (en) ,River Greese (en) ,River Ilen (en) ,Río Mahon ,Slate River (en) ,Tully Stream (en) | ||||
Historia
editarO mar celta toma o nome da herdanza celta das terras limítrofes ao norte e ao leste.[1] O nome foi proposto polo mariño naturalista e biólogo inglés EWL Holt nunha reunión de 1921 en Dublín de expertos en pesca de Inglaterra, Gales, Irlanda, Escocia e Francia.[1] A parte norte deste mar xa fora considerada como parte do Canal de San Xurxo e a parte sur como unha parte indiferenciada do "Southwest Approaches" en Gran Bretaña. A necesidade dun nome común foi debido por mor da común bioloxía mariña, xeoloxía e hidroloxía.[1] Foi adoptada en Francia antes de ser común nos países de fala inglesa,[1] en 1957 Édouard Le Danois escribiu: "o nome "Mar Celta" é pouco coñecido incluso para os oceanógrafos."[2] Foi adoptado polos biólogos mariños e oceanógrafos e máis tarde por empresas de exploración de petróleo.[3] É nomeado nun atlas británico de 1963,[4] pero un artigo de 1972 afirma que "o que os mapas británicos chaman Southwest Approaches e que a industria do petróleo chama Mar Celta [...] sen dúbida os veciños da costa occidental de Gran Bretaña non se refiren a eles como tal."[5]
Límites
editarOs límites do sur e occidentais están peor definidos. Holt suxeriu unha liña de contorno de 200 brazas mariñas desde a illa de Ouessant (Francia) na punta da Bretaña.
A Organización Hidrográfica Internacional define os límites do Mar Celta do seguinte xeito:[6]
No norte. O límite sur do mar de Irlanda unha liña que une St David's Head en Gales con Carnsore Point, na costa sur de Irlanda, e desde Mizen Head unha liña trazada ata a posición 51°0′N 11°30′O / 51.000, -11.500.
No oeste e sur. Unha liña desde a posición 51°0′N 11°30′O / 51.000, -11.500 cara ao sur ata os 49° N, e desde alí ata a latitude 46° 30'N no límite occidental do Golfo de Biscaia nunha liña que une Cabo Ortegal e Penmarch Point.
"No leste". O límite occidental da Canle da Mancha unha liña que une a illa Vierge e Land End, no límite occidental da Canle de Bristol, e unha liña que une Hartland Point ata Cabo St. Govan.
Os fondos mariños
editarO fondo do mar baixo o mar celta chámase Shelf celta, parte da plataforma continental de Europa. A porción nordés ten unha profundidade entre 90 e 100 m., aumentando cara á canle de San Xurxo. Na dirección oposta, as cristas de area que apuntan cara ao suroeste teñen unha altura similar, separadas por vales de aproximadamente 50 m. máis profundas. Estas cristas formáronse por efectos das mareas cando o nivel do mar era menor. Ao sur do 50° N a topografía é máis irregular.[7]
A exploración de petróleo e gas no Mar Celta tivo un limitado éxito comercial. O campo de gas de Kinsale Head proporcionou gran parte da subministración de gas da República de Irlanda nos anos oitenta e noventa.
Ecoloxía do Mar Celta
editarO Mar Celta ten unha rica pesquería con capturas anuais totais de 1´8 millóns de toneladas desde 2007.[8]
Catro especies de cetáceos atópanse frecuentemente na zona: balea minke, arroaces, Golfiño común e Toniña común.[9] Antigamente tiña abundancia de mamíferos mariños.[10][11]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Haslam, D. W. (Hydrographer of the Royal Navy) (29 de marzo de 1976). "It's the Celtic Sea—official". The Times (59665). p. 15 (Letters to the Editor), col G.
- ↑ Danois, Edouard Le (1957). Marine Life of Coastal Waters: Western Europe. Harrap. p. 12.
- ↑ Cooper, L. H. N. (2 de febreiro de 1972). "In Celtic waters". The Times (58391). p. 20; col G (Letters to the Editor).
- ↑ The Atlas of Great Britain and Northern Ireland. Clarendon Press. 1963. pp. 20–21.; cited in
Shergold, Vernon G. (27 de xaneiro de 1972). "Celtic Sea: a good name". The Times (58386). p. 20 (Letters to the Editor); col G. - ↑ Vielvoye, Roger (24 de xaneiro de 1972). "Industry in the regions Striking oil in Wales and West Country". The Times (58383). p. 19; col A.
- ↑ "Limits of Oceans and Seas, 3rd edition + corrections" (PDF). International Hydrographic Organization. 1971. p. 42 [corrections to page 13]. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de outubro de 2011. Consultado o 6 de febreiro de 2010.
- ↑ Hardisty, Jack (1990). The British Seas: an introduction to the oceanography and resources of the north-west European continental shelf. Taylor & Francis. pp. 20–21. ISBN 0-415-03586-4.
- ↑ European Union. "Celtic Seas". European Atlas of the Seas. Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2015. Consultado o 13 de marzo de 2015.
- ↑ Hammond, P.S.; Northridge, S.P.; Thompson, D.; Gordon, J.C.D. (2008). "1 Background information on marine mammals for Strategic Environmental Assessment 8" (PDF). Sea Mammal Research Unit. Consultado o 13 de marzo de 2015.
- ↑ Van Deinse, A.B.; Junge, G. C. A. (1936). "Recent and older finds of the California grey whale in the Atlantic". Temminckia 2: 161–88.
- ↑ Fraser, F.C. (1936). "Report on cetacea stranded on the British Coasts from 1927 to 1932.". British Museum (Natural History) No. 11, London, UK.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mar Céltico |