Mandibulados
Mandibulados Mandibulata | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Myrmecia sp. Detalle da cabeza e as mandíbulas | |||||||
Clasificación científica | |||||||
| |||||||
Subdivisións | |||||||
O dos mandibulados (Mandibulata) é un clado de artrópodos que comprende os actuais subfilos dos miriápodos (milpés, cempés e similares), os crustáceos e os hexápodos (insectos e outros), englobados estes dous últimos no clado dos pancrustáceos.
O concepto de Mandibulata é antigo (Snogdrass, 1938),[1] e actualmente considérase que os artrópodos con mandíbulas (crustáceos, miriápodos e hexápodos) forman un grupo monofilético, e que o seu clado irmán é o dos aracnomorfos, que comprende o resto dos artrópodos, os quelicerados e os extintos trilobites, carentes de mandíbulas. (Ver filoxenia dos artrópodos).
Os mandibulados constitúen o grupo de artrópodos máis grande e máis variado.[Cómpre referencia]
Etimoloxía
editarO termo do latín científico Mandibulata refírese ás mandíbulas que caracterizan a estes membros dos artrópodos.
Filoxenia
editarNumerosos estudos modernos, tanto morfolóxicos como moleculares, corroboran o monofiletismo dos mandibulados (entre outros, Giribet & Ribera, 1998,[2] ou Wheeler, 1998).[3]
En canto ás relacións internas dos mandibulados, o clado dos Atelocerata (= Tracheata) está apoiado principalmente por datos morfolóxicos,[3] pero non por análises de datos moleculares, que se inclinan máis polo clado dos Pancrustacea.[2]
Mandibulata |
| ||||||||||||
Estudos de filoxenia molecular suxiren que os artrópdos actuais están relacionados como se mostra no cladograma exposto a continuación. Os crustáos non forman un grupo monofilético como os insectos e outros hexápodos.[4][5][6]
Arthropoda |
| |||||||||||||||
Porén, no faltan hipóteses alternativas aos mandibulados, como os conceptos de Uniramia e Schizoramia, ou a posibilidade de que os miriápodos formen un grupo monofilético cos quelicerados.[Cómpre referencia]
Galería
editarNotas
editar- ↑ Snodgrass, R. E. (1938): "The evolution of Annelida, Onychophora, and Arthropoda". Smithson. Misc. Coll., 97: 1-159.
- ↑ 2,0 2,1 Giribet, G. & Ribera, C., 1998. The position of arthropods in the animal kingdom: A search for a reliable outgroup for internal arthropod phylogeny. Mol. Phylog. Evol., 9: 481-488
- ↑ 3,0 3,1 Wheeler, W. C., 1998. Sampling, grounplans, total evidence and the systematics of arthropods. En: R. A. Fortey & R. H. Thomas, eds.: Arthropod Relationships.London: Chapman & Hall, pp. 87-96.
- ↑ Jerome C. Regier, Jeffrey W. Shultz, Andreas Zwick, April Hussey, Bernard Ball, Regina Wetzer, Joel W. Martin & Clifford W. Cunningham (2010). "Arthropod relationships revealed by phylogenomic analysis of nuclear protein-coding sequences". Nature 463 (7284): 1079–1083. Bibcode:2010Natur.463.1079R. PMID 20147900. doi:10.1038/nature08742.
- ↑ Björn M. von Reumont, Ronald A. Jenner, Matthew A. Wills, Emiliano Dell'Ampio, Günther Pass, Ingo Ebersberger, Benjamin Meyer, Stefan Koenemann, Thomas M. Iliffe, Alexandros Stamatakis, Oliver Niehuis, Karen Meusemann & Bernhard Misof (2011). "Pancrustacean phylogeny in the light of new phylogenomic data: support for Remipedia as the possible sister group of Hexapoda". Molecular Biology and Evolution 29 (3): 1031–1045. PMID 22049065. doi:10.1093/molbev/msr270.
- ↑ Omar Rota-Stabelli, Lahcen Campbell, Henner Brinkmann, Gregory D. Edgecombe, Stuart J. Longhorn, Kevin J. Peterson, Davide Pisani, Herve Philippe & Maximilian J. Telford (2011). "A congruent solution to arthropod phylogeny: phylogenomics, microRNAs and morphology support monophyletic Mandibulata". Proceedings of the Royal Society B 278 (1703): 298–306. PMC 3013382. PMID 20702459. doi:10.1098/rspb.2010.0590.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Volker Storch & Ulrich Welsch (2004): Kurzes Lehrbuch der Zoologie. 8ª ed. Wiesbaden, Deutschland: Spektrum Akademischer Verlag. ISBN 3-8274-1399-0.
- Rüdiger Wehner & Walter J. Gehring (2007): Zoologie. 24ª ed. Stuttgart & Nova York: Thieme Verlag KG. ISBN 978-3-13-367424-9.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Mandibulata Arquivado 30 de novembro de 2016 en Wayback Machine. en Fossilworks.
- Mandibulata Arquivado 03 de decembro de 2016 en Wayback Machine. na EOL.