Louredo, Mos

parroquia civil do concello de Mos

San Salvador de Louredo é unha parroquia do concello de Mos. Segundo o IGE en 2014 tiña 1626 habitantes (813 homes e 813 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación. Segundo o padrón municipal en 2004 tiña 1197 habitantes (605 mulleres e 592 homes), 162 máis ca en 1999.

Louredo
Igrexa de San Salvador de Louredo
ConcelloMos[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°13′32″N 8°35′33″O / 42.225459464082, -8.592378399344
Poboación1.626 hab. (2014)
Entidades de poboación4[1]
editar datos en Wikidata ]

Xentilicio

editar

O seu xentilicio é louriño[2].

Topónimo

editar

O topónimo Louredo (do latín LAURETUM, de LAURUM máis o sufixo abundancial -ETUM) fai referencia a un lugar onde hai loureiros.

Xeografía

editar

Nos últimos anos, presenta un forte crecemento demográfico grazas en boa parte á urbanización de Santo Antoíño. A parroquia está atravesada pola estrada N-550 e pola liña de ferrocarril Redondela-Ourense. Cara ao sur da parroquia creouse a comezos do século XXI un polígono industrial.

Louredo é a parroquia de Mos con maior número de hectáreas de monte, aínda que eses terreos están sendo atacados constantemente por mor dos devastadores incendios forestais que asolan toda a zona. A pesar diso, a fauna e a flora destes montes é moi numerosa e lévanse a cabo actuacións para a recuperación da súa contorna.

Patrimonio

editar

A igrexa parroquial é de orixe románica do século XII e retocada no XIII. Porén, sufriu importantes cambios estruturais a finais do século XVIII. Consérvanse canzorros nos muros laterais antecedendo ao beirado e á cornixa. Sobre a porta hai unha inscrición co texto ESTA OBRA HIZO A SU COSTA DON FRANCISCO CASTIÑEIRA. AÑO DE 1780. A torre foi construída en 1722, con base cadrada. No interior hai un escudo de armas que fai referencia á liñaxe dos Lanzos e Taboada, así como un sepulcro situado na Capela Maior. A igrexa sufriu un incendio o 10 de marzo de 1996, que destruíu o teito da nave central. En 1997 fíxose a rehabilitación[3].

No enreixado da igrexa hai un peto de ánimas, presidido pola Virxe do Carme[4]. Na casa reitoral, con planta en forma de L e muro con porta ameada coa data de 1666 no seu lintel, consérvanse os muros dunha capela do século XVI[5].

O pazo de Santo Antoíño ten orixe no século XIV, pero foi reconstruído no XVIII. Conta cunha capela do XVI.

A carón da igrexa consérvase unha ponte sobre o rego das Fragas, pola que discorría o camiño real de Tui a Santiago de Compostela.

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Louredo

editar
Lugares da parroquia de Louredo no concello de Mos (Pontevedra)

Arrufana | O Enxertado | O Pantaño | O Pombal

Parroquias de Mos

editar

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar