Linguas dárdicas
As linguas dárdicas son un grupo de linguas indoiranias faladas na parte oriental de Afganistán, no norte de Paquistán (NWFP) e no disputado estado de Xammú e Caxemira.
Dárdico | ||
---|---|---|
Falado en: | Afganistán, Nuristán e noroeste de Xammú e Caxemira. | |
Rexións: | Chitral, | |
Total de falantes: | ||
Familia: | Indoeuropea Indoarias Dárdico | |
Escrita: | De facelo usan a escrita perso-arábiga ou urdú-arábigo | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -
| |
ISO 639-2: | - | |
ISO 639-3: | -
| |
SIL: | -
| |
Mapa | ||
. | ||
Status | ||
O grupo dárdico foi tradicionalmente definido coma un subgrupo das linguas indoarias as que experimentaron unha forte influencia dende as linguas nuristanesas e as linguas iranias. O nuristanés, un grupo de linguas faladas no nordeste Afganistán, ás veces foi incluído no grupo dárdico, pero hoxe menténse coma un grupo independente, coma un dos tres subgrupos do indoiranio.[1]
O iranista noruegués Georg Morgenstierne escribiu que o Chitral é a área de máis diversidade lingüística do mundo. Aínda que do dárdico o khowar é a lingua máis predominante do Chitral, máis de dez linguas fálanse nesta área. Estas inclúen as dárdicas calaxa-mun, palula, dameli, gawar-bati, as nuristanís, idgá, buruxasquí, guxar, vakhí, a lingua kirguiz, as linguas iranias taxico e paxtó. Moitas destas linguas non se usan na escritura, non teñen unha norma gráfica para escribílas. Ás veces para redactar unha carta usan o sistema urdú ou persa.
Agás o caxemirés, tódalas linguas dárdicas son linguas minoritarias as que non foron o suficientemente estudadas. Na maioría dos casos son faladas en áreas de difícil acceso debido ás montañas e/ou aos conflitos armados da rexión. Tódalas linguas (incluíndo o caxemirés) foron influenciados polas linguas veciñas non dárdicas.
Lista das linguas dárdicas
editar- Grupo Chitral
- Grupo caxemirés
- Caxemirés [kas], falado na (India)
- Grupo cohistanés (9)
- Bateri [btv], falado no (Paquistán)
- Chilisso [clh], falado no (Paquistán)
- Kalami [gwc], falado no (Paquistán)
- Gowro [gwf], falado no (Paquistán)
- Indo-cohistanés [mvy], falado no (Paquistán)
- Tirahi [tra], falado no (Afganistán)
- Torwali [trw], falado no (Paquistán)
- Wotapuri-Katarqalai [wsv], falado no (Afganistán)
- Kalkoti [xka], falado no (Paquistán)
- Grupo Cunar (8)
- Dameli [dml], falado no (Paquistán)
- Gawar-Bati [gwt], falado no (Afganistán)
- Grangali [nli], falado no (Afganistán)
- Paxai (4)
- Paxai oriental setentrional [aee], falado no (Afganistán)
- Paxai occidental setentrional [glh], falado no (Afganistán)
- Paxai occidental meridional [psh], falado no (Afganistán)
- Paxai oriental meridional [psi], falado no (Afganistán)
- Xumaxti [sts], falado no (Afganistán)
- Grupo Xina (7)
Notas
editar- ↑ Morgenstierne, G. Irano-Dardica. Wiesbaden 1973; Morgenstierne, G. Die Stellung der Kafirsprachen. In Irano-Dardica, 327-343. Wiesbaden, Reichert 1975