Lingua vehicular
Unha lingua vehicular é unha lingua, a miúdo simplificada, que serve de medio de comunicación entre poboacións de linguas diferentes. Opónse a lingua vernácula, falada localmente por unha poboación. As linguas litúrxicas desempeñan ás veces un papel tal en tanto que punto común lingüístico de comunidades multilingües unidas por unha mesma relixión.
Exemplos de linguas vehiculares
editar- O inglés na India, no mundo científico e no mundo dos negocios serve a miúdo de lingua vehicular. Na India, un papel tal foi desempeñado anteriormente polo sánscrito, lingua litúrxica;
- o latín, na Antigüidade, servía, en competencia coa koiné grega, de lingua vehicular no seo dos pobos do Imperio Romano. Continuou, sobre todo na escrita pero non exclusivamente, a desempeñar este papel durante séculos en Europa ─ tanto máis canto que serviu por longo tempo de lingua litúrxica cristiá ─ no campo das ideas, das artes, das ciencias e das letras. Foi suplantada polas linguas vernáculas locais, entre elas o inglés, que cumpre un papel semellante hoxe;
- o suahili, en África, permite a comunicación entre os diferentes pobos de África do leste;
- a lingua común chinesa é a lingua vehicular e oficial na China;
- os pidgins serven de lingua vehicular nos contornos multilingües;
- o árabe, en tanto que lingua litúrxica, desempeña tamén un papel semellante no mundo musulmán.
- o esperanto e a interlingua foron inventados con este fin