A lingua kabardina[2] (en kabardino: Адыгэбзэ, tamén chamada Къэбэрдей Адыгэбзэ ou Къэбэрдейбзэ) é unha das dúas linguas literarias do circasiano,[3][4] sendo a outra o adigueo, co cal está estreitamente relacionado. É falada polo pobo kabardino, principalmente en partes de Kabardino-Balkaria e Karachay-Cherkessia así como pola diáspora kabardina que habita nos Estados Unidos, Ucraína, Turquía, Siria, Xordania e Alemaña. Ten 47 ou 48 fonemas consonánticos, dos cales 22 ou 23 son fricativos.

Kabardino
Къэбэрдей Адыгэбзэ
Outros nomes:Kabardino-adigueo
Circasiano oriental
Falado en: Rusia
Rexións: Circasia histórica
Total de falantes: 590 000 (2002–2010)
Familia: Caucásico noroccidental
 Circasiano
  Kabardino
Escrita: Alfabeto cirílico
Status oficial
Lingua oficial de: Kabardino-Balkaria, (Rusia)
Karachay-Cherkessia (Rusia)
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: kbd
Mapa

     Circasiano Kabardino en Kabardino-Balkaria.
Status

O kabardino está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]
Un falante de kabardino.
  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. "Entrada kabardino en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2017. Consultado o 12 de abril de 2017. 
  3. Calorusso, John (1989). "East Circassian (Kabardian dialect)". Caravan Books.
  4. Papşu, Murat (2006)."Çerkes-Adığe yazısının tarihçesi Arquivado 14 de decembro de 2013 en Wayback Machine.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar