Lingua balinesa
O balinés[2] é unha lingua malaio-polinesia falada por preto de 3,3 millóns de persoas (segundo datos de 2000) na illa indonesia de Balí, así como no norte de Nusa Penida, oeste de Lombok e leste de Xava.[3] A maioría dos falantes de balinés tamén coñecen o indonesio.
Lingua balinesa ᬪᬵᬱᬩᬮᬶ, ᬩᬲᬩᬮᬶ Bhāṣa Bali, Basä Bali | ||
---|---|---|
Falado en: | Indonesia | |
Rexións: | ||
Total de falantes: | 3,3 millóns (2000) | |
Familia: | Linguas austronesias Linguas malaio-polinesias Linguas malaio-sumbawanas Linguas balinés-sasak Lingua balinesa | |
Escrita: | Latino e balinés | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | ban | |
ISO 639-3: | ban
| |
Mapa | ||
O balinés é a lingua nativa e maioritaria. O balinés é unha lingua minoritaria significativa. | ||
Status | ||
No ano 2011, a Axencia Cultural de Balí estimou que o número de persoas que aínda empregan a lingua balinesa no seu día a día na illa de Balí non supera o millón, xa que nas áreas urbanas os pais ensínanlles ós fillos a lingua indonesia ou o inglés, mentres que nas institucións e nos medios de comunicación masivos desapareceu completamente. A forma escrita do balinés estase facendo cada vez menos familiar e a maioría dos balineses usan a súa lingua só como un medio de comunicación oral, a miúdo mesturado co indonesio. Nas zonas migratorias fóra da illa de Balí, o balinés emprégase de forma extensiva e xoga un papel importante na supervivencia da lingua.[4]
Notas
editar- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para balinés.
- ↑ Ethnologue.
- ↑ "Balinese language ‘will never die’". 30 de marzo de 2012.
Véxase tamén
editarExiste unha versión da Wikipedia en Lingua balinesa |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Balinese man speaking Balinese language in different Balinese dialects
- Ager, Simon. Omniglot, ed. "Balinese". Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2007. Consultado o 7 de marzo de 2007.