Liga de Campións da CONCACAF

A Liga de Campións da CONCACAF é a máxima competición continental de fútbol a nivel de clubs en Norteamérica e Centroamérica. Organizado baixo distintas denominacións pola Concacaf dende 1962, o campión deste torneo acada o dereito a disputar a Copa Mundial de Clubs da FIFA que determina ó club de fútbol campión do mundo. O actual campión é o CF Monterrey, e os equipos máis laureados son o Club América e o Cruz Azul, ámbolos dous con 5 títulos.

Formato

editar

24 equipos compiten cada ano polo campionato (4 de México, 4 dos Estados Unidos, 3 de Honduras, 3 de Panamá, 2 de Costa Rica, 2 de Guatemala, 2 do Salvador, 1 do Canadá e 3 da Unión Caribeña de Fútbol. A competición ten 5 roldas, que teñen lugar entre xullo e abril:

Primeira Rolda

O torneo comeza con 8 eliminatorias directas nas que se enfrontan os 16 equipos con peor acreditación. Os 8 gañadores pasan á seguinte rolda xunto cos 8 cabezas de serie que non tiveron que disputar esta rolda eliminatoria.

Fase de grupos

Chegados a esta fase, os 16 equipos sepáranse en 4 grupos, de xeito que quedan 4 grupos con 4 equipos por grupo. Dispútase unha liguiña con 6 xornadas, ó remate da cal os 2 primeiros clasificados de cada grupos pasan á seguinte rolda.

Cuartos de final

Nos cuartos de final enfróntanse entre si os 8 equipos en 4 eliminatorias directas a dobre encontro, de xeito que en cada eliminatoria enfróntanse un 1º fronte a un 2º da fase de grupos anterior.

Semifinais

As semifinais son 2 eliminatorias directas a dobre encontro, ida e volta. Os dous equipos gañadores pasan á final do torneo.

Final

A final da Liga de Campións da Concacaf dispútase no formato de dobre encontro, ida e volta, nos estadios dos equipos protagonistas.

Palmarés

editar
FINAL 2011
Data Ida 20 de abril
Data Volta 27 de abril
Campión   CF Monterrey
Finalista   Real Salt Lake
Resultado 2-2 e 1-0
 
 
 
 
 
 


 
 
 
 
 
 
 
 
 


Finais da Liga de Campións da CONCACAF
Tempadas CAMPIÓN Resultados Subcampión
2011   CF Monterrey 2-2 e 1-0   Real Salt Lake
2010   CF Pachuca 1-2 e 1-0   Cruz Azul
2009   CF Atlante 2-0 e 0-0   Cruz Azul
2008   CF Pachuca 2-1 e 0-0   Deportivo Saprissa
2007   CF Pachuca 2-2 e 0-0   CD Guadalajara
2006   Club América 0-0 e 2-1   Deportivo Toluca
2005   Deportivo Saprissa 2-0 e 1-2   Pumas UNAM
2004   LD Alajuelense 1-1 e 4-0   Deportivo Saprissa
2003   Deportivo Toluca 3-3 e 2-1   CA Monarcas Morelia
2002   CF Pachuca 1-0   CA Monarcas Morelia
2000   Los Angeles Galaxy 3-2   CD Olimpia
1999   Club Necaxa 2-1   LD Alajuelense
1998   DC United 1-0   Deportivo Toluca
1997   Cruz Azul 5-3   Los Angeles Galaxy
1996   Cruz Azul Liguiña   Club Necaxa
1995   Deportivo Saprissa Liguiña   CSD Municipal
1994   CS Cartaginés 3-2   CF Atlante
1993   Deportivo Saprissa Liguiña   Club León CF
1992   Club América 1-0   LD Alajuelense
1991   Puebla FC 3-1 e 1-1   Police FC
1990   Club América 2-2 e 6-0   FC Pinar del Río
1989   Pumas UNAM 1-1 e 3-1   FC Pinar del Río
1988   CD Olimpia 2-0 e 2-0   Defence Force FC
1987   Club América 1-1 e 2-0   Defence Force FC
1986   LD Alajuelense 2-1 e 2-1   SV Transvaal
1985   Defence Force FC 2-0 e 0-1   CD Olimpia
1984   Violette AC - Finalista non presentado
1983   CF Atlante 1-1 e 5-0   SV Robinhood
1982   Pumas UNAM 0-0 e 3-2   SV Robinhood
1981   SV Transvaal 1-0 e 1-1   CD Atlético Marte
1980   Pumas UNAM Liguiña   Pumas de UNAH
1979   Club Deportivo FAS 1-0 e 8-0   CRKSV Jong Colombia
1978   Univ. Guadalajara
  Defence Force FC
  CSD Comunicaciones
- Título compartido
1977   Club América 1-0 e 1-1   SV Robinhood
1976   CD Águila 5-1   SV Robinhood
1975   Atlético Español 3-0 e 2-1   SV Transvaal
1974   CSD Municipal 2-1 e 2-1   SV Transvaal
1973   SV Transvaal - Finalista non presentado
1972   CD Olimpia 1-0 e 0-0   SV Robinhood
1971   Cruz Azul Liguiña   LD Alajuelense
1970   Cruz Azul - Finalista non presentado
1969   Cruz Azul 0-0 e 1-0   CSD Comunicaciones
1968   Deportivo Toluca - Finalista non presentado
1967   Alianza FC 1-2, 3-0 e 5-3   CRKSV Jong Colombia
1963   RC Haïtien Liguiña   CD Guadalajara
1962   CD Guadalajara 1-0 e 5-0   CSD Comunicaciones

Os equipos mexicanos levan dominando esta competición dende a primeira edición até a actualidade, conquistando 27 das 46 edicións, grazas a equipos como o Cruz Azul, o Club América e o CF Pachuca, con 14 trofeos entre os 3 clubs. Con 6 títulos, o seguinte país mais exitoso na Liga de Campións da Concacaf é Costa Rica, grazas ós 2 equipos mais potentes da súa liga, o Deportivo Saprissa e o LD Alajuelense.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar