Leopoldo V de Austria

duque de Austria

Leopoldo V, nado en 1157 e finado o 31 de decembro de 1194, coñecido como o Virtuoso, foi duque de Austria da familia Babenberg entre 1177 e 1194 e duque de Estiria de 1192 a 1194.

Modelo:BiografíaLeopoldo V de Austria

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(de) Luitpold V der Tugendhafte Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1157 Editar o valor en Wikidata
Morte31 de decembro de 1194 Editar o valor en Wikidata (37 anos)
Graz, Austria Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental, caída de cabalo Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaHeiligenkreuz Abbey (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaCasa de Babemberga (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeHelena da Hungria (1172 (Gregoriano)–1199) Editar o valor en Wikidata
FillosFrederico I da Áustria, Leopoldo VI da Áustria Editar o valor en Wikidata
PaisHenrique II, Duque da Áustria Editar o valor en Wikidata  e Teodora Comnena, Duquesa da Áustria Editar o valor en Wikidata
IrmánsHenrique I de Mödling
Richardis de Babenberg
Inês da Áustria (1154–1182) Editar o valor en Wikidata
ParentesAndrónico Comneno, avó
Irene Komnene, avoa Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteBiblioteca dixital BEIC
Allgemeine Deutsche Biographie (pt) Traducir
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Österreich-2

Traxectoria

editar

Leopoldo era o fillo de Henrique II, duque de Austria, tamén coñecido como Henrique II Jasomirgott e da emperatriz bizantina Teodora Comnena. En 1172, casou con Helena, filla do rei Géza II de Hungría, e tiveron dous fillos: Federico I e Leopoldo VI. A irmá máis vella de Leopoldo, Inés de Babenberg, casou en 1166 con outro fillo do monarca húngaro, o posterior rei Estevo III de Hungría. Desta maneira este dobre matrimonio pretendía achegar as dúas dinastías que reinaban en territorios fronteirizos. Porén, á morte do rei húngaro, Inés volveu ó ducado de Austria.

O 17 de agosto de 1186, negociouse o Pacto de Georgenberg, polo cal Estiria e a parte central da Alta Austria foron amalgamadas no ducado de Austria despois de 1192. Este foi o primeiro paso cara á creación da Austria moderna.

A terceira Cruzada

editar

É lembrado principalmente fóra de Austria pola súa participación na terceira cruzada. Chegou para tomar parte no sitio de Acre na primavera de 1191, navegando dende Zadar na costa do Mar Adriático. Púxose ó mando do que quedaba das forzas imperiais logo da morte de Federico VI de Suabia en xaneiro dese ano.

Despois da rendición de Acre, as bandeiras do Reino de Xerusalén, Ricardo I de Inglaterra, Filipe II de Francia e Leopoldo foron izadas na cidade polo curmán de Leopoldo, Conrado de Montferrato. Pero Ricardo quitou a bandeira de Leopoldo. Ricardo tamén estivo baixo sospeita de estar involucrado no asasinato de Conrado pouco despois de ser elixido rei de Cisxordania en abril de 1192. Na viaxe de retorno, Ricardo ía disfrazado e debeu parar en Viena, onde foi recoñecido (supostamente polo seu anel) e foi arrestado no distrito de Erdberg (moderno Landstraße). Por algún tempo estivo prisioneiro en Dürnstein, logo foi levado ante o emperador Henrique VI do Sacro Imperio Romano Xermánico e foi acusado da morte de Conrado. O gran rescate que se pagou, que se supón de arredor de 23 toneladas de prata, serviu para a fundación da casa de moeda en Viena e utilizouse para construír murallas novas da cidade, así como para edificar as cidades de Wiener Neustadt e Friedberg en Estiria. Porén, o duque foi excomulgado polo papa Celestino III por facer prisioneiro a un compañeiro de cruzada.

En 1194 Leopoldo sufriu un accidente. Un cabalo esmagoulle un pé ó caer sobre el durante un torneo en Graz. Finalmente morreu de gangrena, aínda baixo pena de excomuñón, sendo enterrado na abadía de Heiligenkreuz.