La Caixa
La Caixa, nome comercial da Caixa d'Estalvis i Pensions de Barcelona (en galego: Caixa de Aforros e Pensións de Barcelona), foi a caixa de aforros máis importante de Europa, España e Cataluña, cunha rede de máis de 5.500 oficinas, máis de 8.100 caixeiros automáticos, un persoal de máis de 27.000 empregados e máis de 10,7 millóns de clientes.
La Caixa | |
---|---|
Sede de La Caixa na Avinguda Diagonal de Barcelona | |
Tipo | Caixa de aforros |
Fundación | 1990-2014 |
Localización | Pintor Sorolla 2, Valencia |
Número de empregados | 28.529 (2011) |
Na rede | |
https://fundacionlacaixa.org/, https://fundacionlacaixa.org/ca/ e https://fundacionlacaixa.org/en/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Desde 2010, no contexto da reestruturación das entidades de crédito españolas, la Caixa non ten actividade financeira nin bancaria, xa que segregou todos os seus activos comerciais nunha filial, denominada CaixaBank, da que é propietaria aproximadamente nun 65 %. Malia que a caixa de aforros xa non ten actividade bancaria, CaixaBank continúa usando o pseudónimo de "La Caixa" nas súas oficinas e na súa comunicación cos seus clientes, deixando a marca "CaixaBank" só para uso institucional.
O Grupo La Caixa xestiona un volume total de negocio bancario que ascende a máis de 411.522 millóns de euros (setembro de 2008), cuns recursos totais de clientes de máis de 238.404 millóns de euros.