Katharine Ross
Katharine Juliet Ross, nada en Hollywood (California) o 29 de xaneiro de 1940,[1] é unha actriz estadounidense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Katharine Juliet Ross 29 de xaneiro de 1940 (84 anos) Hollywood (Estados Unidos de América) |
Educación | Las Lomas High School (en) Diablo Valley College (en) |
Actividade | |
Ocupación | actriz, actriz de televisión, escritora de literatura infantil, actriz de cinema, actriz de teatro, escritora, autora, guionista |
Período de actividade | 1962 - |
Xénero artístico | Wéstern |
Familia | |
Cónxuxe | Sam Elliott (1984–) valor descoñecido (1974–1979), divorcio Conrad Hall (1969–1974), divorcio valor descoñecido (1964–1967), divorcio Joel Fabiani (1960–1962), divorcio |
Premios | |
Traxectoria
editarPrimeiros anos
editarKatherine Ross naceu en Hollywood, California, en 1940, cando o seu pai Douley Ross estaba na mariña de guerra.[2] O seu pai tamén traballou máis adiante para a axencia Associated Press.[3] Durante a súa infancia, a súa familia instalouse en Walnut Creek (California), ao leste de San Francisco, e Ross graduouse na Las Lomas High School en 1957. Na súa mocidade gustáballe montar a cabalo e era amiga de Casey Tibbs, un xinete de rodeo.[4]
Carreira profesional
editarKatharine Ross estudou no Santa Rosa Junior College durante un ano, de 1957 a 1958, onde foi introducida no mundo da actuación nunha montaxe teatral do musical The King and I. Despois, retirouse do curso para mudarse a San Francisco, onde decidiu estudar interpretación e arte dramática.[5] Máis tarde uniuse ao The Actors Workshop e estivo con eles tres anos, ata 1962, traballando como suplente e chegando a aparecer espida no escenario nunha obra de Jean Genet. En 1964 interpretou a Cordelia nunha representación de O rei Lear, dirixida por John Houseman.[6][7] Mentres estaba co grupo comezou a actuar en series de televisión nos Ánxeles para poder gañar cartos extra. Despois trasladouse a Hollywood a petición da Metro-Goldwyn-Mayer e foi contratada por Universal Studios.[8]
O seu primeiro papel na televisión foi en Sam Benedict, en 1962. Foi contratada polo axente Wally Hiller, e en 1964 apareceu en episodios de Arrest and Trial, O Virxiniano, Gunsmoke e The Alfred Hitchcock Hour (en 1963).[9] Despois fixo unha proba de pantalla para o filme The Young Lovers, en 1964, e traballou na súa primeira longametraxe, Shenandoah, en 1965, ao que seguiu un papel protagonista xunto a James Garner en Mr. Buddwing, de MGM. En 1966, apareceu nun episodio da serie The Road West, de NBC.
Ese mesmo ano, comezou a protagonizar filmes de éxito. Despois apareceu nos populares O graduado, de 1967, interpretando a Elaine Robinson, e Butch Cassidy and the Sundance Kid, de 1969, encarnando a Etta Place.[10] En 1967, participou na cerimonia de entrega dos premios Óscar para entregar o premio á mellor fotografía a Burnett Guffey, polo seu traballo no filme Bonnie e Clyde. Ademais, nesta edición dos premios, Ross era candidata ao Óscar á mellor actriz secundaria, premio que finalmente gañou Estelle Parsons. Tamén recibiu o Globo de Ouro á nova estrela do ano.[5]
Na décaa de 1970, Ross tivo un papel protagonista en The Stepford Wives (1975), co que gañou un premio Saturn á mellor actriz e conseguiu o seu segundo Globo de Ouro polo seu traballo no drama Voyage of the Damned (1976). Outros papeis durante este período inclúen The Swarm (1978), The Legacy (1978) e The Final Countdown (1980). Ross apareceu en vairos telefilmes na década de 1980, como Murder in Texas (1981) e The Shadow Riders (1982), e tamén participou na serie televisiva The Colbys entre 1985 e 1987.
Ross pasou a maior parte da década de 1990 semirretirada, aínda que retornou cun papel no filme de culto de Richard Kelly Donnie Darko (2001). En 2016, prestou a súa voz para a serie animada American Dad! e en 2017 protagonizou a comedia dramática The Hero, xunto ao seu esposo, o actor Sam Elliott.
Vida persoal
editarRoss casou en cinco ocasións. O seu primeiro matrimonio foi co actor Joel Fabiani, de 1960 a 1962.[11] Despois estivo casada con John Marion, de 1964 a 1967.[12] En 1969, casou co director de fotografía Conrad Hall, mais separáronse en 1973.[13] Tamén estivo casada con Gaetano "Tom" Lisi, de 1975 a 1979.
Finalmente, en maio de 1984, contraeu matrimonio co actor Sam Elliott,[14][15] e catro meses despois naceu a súa única filla, Cleo Rose Elliott.
Filmografía
editarAno | Título | Personaxe |
---|---|---|
1965 | Shenandoah | Ann Anderson |
1965 | Mister Buddwing | Janet |
1966 | The Singing Nun | Nicole Arlien |
1967 | The Longest Hundred Miles | Laura Huntington |
1967 | Games | Jennifer Montgomery |
1967 | O graduado | Elaine Robinson |
1968 | Hellfighters | Tish Buckman |
1969 | Butch Cassidy and the Sundance Kid | Etta Place |
1969 | O val do fuxitivo | Lola |
1970 | Fools | Anais Appleton |
1972 | Get to Know Your Rabbit | Nameless Woman |
1972 | They Only Kill Their Masters | Kate Bingham |
1974 | Love and Chance | Docteur Constance Weber |
1975 | The Stepford Wives | Joanna Eberhart |
1976 | Voyage of the Damned | Mira Houser |
1976 | Wanted: The Sundance Woman | Etta Place / Mrs. Sundance / Annie Martin / Bonnie Doris |
1978 | The Betsy | Sally Hardeman |
1978 | The Swarm | Helena Anderson |
1978 | The Legacy | Margaret Walsh |
1979 | Murder by Natural Causes | Allison Sinclair |
1980 | The Final Countdown | Laurel Scott |
1980 | Rodeo Girl | Sammy Garrett |
1981 | Murder in Texas | Ann Kurth |
1982 | Wait Until Dark | Suzy Hendrix |
1982 | Marian Rose White | Nurse Bonnie MacNeil |
1982 | The Shadow Riders | Kate Connery/Sister Katherine |
1982 | Wrong Is Right | Sally Blake |
1983 | Travis McGee | Gretel Howard |
1983 | Secrets of a Mother and Daughter | Ava Price |
1986 | Red Headed Stranger | Laurie |
1991 | A Climate for Killing | Grace Hines |
1997 | Home Before Dark | Rose |
2001 | Donnie Darko | Dr. Lilian Thurman |
2002 | Don't Let Go | Charlene Stevens |
2006 | Eye of the Dolphin | Lucy |
2013 | Wini + George | Wini |
2015 | Slip, Tumble & Slide | Charlene Stevens |
2017 | The Hero | Valerie Hayden |
2019 | Attachments | Eileen |
Notas
editar- ↑ Chase's 2015, p. 106.
- ↑ "Kentucky New Era - Google News Archive Search".
- ↑ Amory, Cleveland (8 de abril de 1977). "Katharine Ross has always wanted to play an Indian". The Modesto Bee. Consultado o 10 de agosto de 2010.[Ligazón morta]
- ↑ Bradford, Jack (18 de xuño de 1968). "Off the Grapevine". Toledo Blade. Consultado o 10 de agosto de 2010.
- ↑ 5,0 5,1 De Paolo, Ronald (1 de marzo de 1968). "Sudden Stardom of the 'Graduate Girl'". Life. Consultado o 10 de agosto de 2010.
- ↑ Houseman, John (1984). Final Dress. Simon & Schuster. p. 263. ISBN 0-671-42032-1.
- ↑ Schuhmach, Murray (22 de maio de 1964). "Hollywood 'Lear' lures Carnovsky; Actor Blacklisted in '51 to Play Title Role at U.C.L.A.". New York Times. Consultado o 12 de agosto de 2010.
- ↑ Champlin, Charles (7 de xuño de 1969). "Katherine Ross: Post-Graduate". The Tuscaloosa News. Consultado o 10 de agosto de 2010.
- ↑ Gaydos, Steven (5 de febreiro de 2015). "Katharine Ross Looks Back on Being a Young TV Star in the ’60s". Variety. Consultado o 1 de marzo de 2015.
- ↑ Andreychuk, Ed (1997). The golden corral: a roundup of magnificent Western films. McFarland. p. 142. ISBN 0-7864-0393-4.
- ↑ Gold (2002). "When San Francisco Was Cool". En James O'Reilly; Larry Habegger; Sean O'Reilly. Travelers' Tales San Francisco: True Stories. Travelers' Tales. p. 30. ISBN 1-885211-85-6.
- ↑ Story of love between Sam Elliott and Katherine Ross, who had 4 husbands before
- ↑ Haber, Joyce (19 de marzo de 1973). "Katharine Moves, Horses and All". Los Angeles Times. Arquivado dende o orixinal o 3 de novembro de 2012. Consultado o 12 de agosto de 2010.
- ↑ "Katharine Ross". People. 4 de maio de 1992. Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2016. Consultado o 10 de agosto de 2010.
- ↑ Magruder, Melonie (31 de decembro de 2008). "Straight from her heart". Malibu Times. Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2019. Consultado o 10 de agosto de 2010.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Katharine Ross |
Bibliografía
editar- Andreychuk, Ed (1997). The Golden Corral: A Roundup of Magnificent Western Films. Jefferson, North Carolina: McFarland. ISBN 0-7864-0393-4.
- Chase's Calendar of Events 2016: The Ultimate Go-to Guide for Special Days, Weeks and Months (59th ed.). Lanham, Maryland: Bernan Press. 2015. ISBN 978-1-598-88808-9.
- Monaco, James (1991). The Encyclopedia of Film. Perigree Books. ISBN 978-0-399-51604-7.