Juan Rico González

militar galego

Juan Rico González, nado en Ferrol en 1895 e finado en Pontevedra o 12 de novembro de 1936, foi un militar galego.

Modelo:BiografíaJuan Rico González
Biografía
Nacemento1895 Editar o valor en Wikidata
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Morte12 de novembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (40/41 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 74

Traxectoria

editar
 
Placa en Pontevedra en memoria dos fusilados o 12 de novembro de 1936.

Capitán de Infantaría, mandaba a 31ª Compañía do Corpo de Seguridade e Asalto en Pontevedra. O 16 de xullo de 1936 propúxolle ao gobernador civil Gonzalo Acosta Pan a detención dos xefes militares e dos elementos civís que conspiraban con eles. O gobernador non fixo caso das súas advertencias e enviouno o día 17 a Vigo, onde o Capitán tiña desprazada unha sección das súas forzas. Rico regresou a Pontevedra o 18 e púxose en contacto coa Fronte Popular. Convocouse unha reunión das mocidades Socialistas Unificadas e dos partidos de esquerda. Rico arengounos e proporcionoulles as armas da garda municipal e as sobrantes do cuartel de Asalto. Desautorizado polo Gobernador, o capitán interveu as comunicacións telefónicas.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado en consello de guerra sumarísimo o 1 de novembro. Condenado a morte, foi fusilado na estrada de Campañó o 12 de novembro de 1936.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar