José Luis Zalazar
José Luis Zalazar Rodríguez, nado en Montevideo o 26 de outubro de 1963, é un exfutbolista uruguaio. Centrocampista e capitán histórico do Albacete, foi o artífice do primeiro ascenso do club á Primeira División e é o xogador con máis partidos e máis goles na historia do club na máxima categoría.
Nome orixinal | José Luis Zalazar Rodríguez | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 26 de outubro de 1963 (61 anos) Montevideo, Uruguai | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Outros nomes | el Oso, cabeza | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,82 m. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1982 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Uruguai | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1986 | Mundial de Fútbol México 1986 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Fillos | Kuki Zalazar, Rodrigo Zalazar | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
É pai dos futbolistas Rodrigo, Kuki e Mauro Zalazar.[1]
Traxectoria
editarFormouse como futbolista no Peñarol, debutando co primeiro equipo aos 15 anos. En 1982 gañou o seu primeiro título da Primeira División, e ao ano seguinte conquistou na Coruña a 38ª edición do Trofeo Teresa Herrera, derrotando na final ao Athletic Club. En 1985 sumou o seu segundo título de liga.
En 1986 marchou a xogar a México para xogar cos Tecos e chegou a ser máximo goleador da Primeira División de México na tempada 1986/87, con 23 goles.
Para a tempada 1987/88 fichou polo Cádiz, da Primeira División española, club adestrado polo seu compatriota Víctor Espárrago e no que coincidiu con futbolistas como Jaro, Juan José, Manolito, o Negro Cabrera ou Mágico González. Marcou 6 goles en 37 partidos co club andaluz, que rematou na 12ª posición.
Na seguinte campaña regresou aos Tecos de México, e marcou 17 goles na liga do país norteamericano.[2]
Regresou a España para xogar co Espanyol na Segunda División na tempada 1989/90. Disputou como titular a primeira metade da campaña, marcando 2 goles, pero a mala marcha do equipo, provocou que se realizasen profundos cambios no mercado invernal, e o club prescindiu dos seus servizos tralas incorporacións do escocés Archibald e o alemán Wuttke, ao encher o límite de fichas estranxeiras.[3]
En 1990 fichou polo Albacete, tamén de Segunda. Con Benito Floro como adestrador, e cos goles de Zalazar, Corbaláne Antonio, o equipo manchego proclamouse campión da categoría, cun punto máis que o Deportivo da Coruña. Zalazar marcou 15 goles e foi o autor dos dous tantos na vitoria por 2-0 sobre o Salamanca, coa que o Alba certificaba o título e o primeiro ascenso á Primeira División da súa historia.[3]
Xa na máxima categoría, Zalazar liderou con 13 goles o chamado "Queixo mecánico", que quedou a un só punto de clasificarse para a Copa da UEFA. Titular indiscutible durante os seus seis anos da súa primeira etapa no club, é o futbolista con máis partidos (180) e máis goles (57) na historia do club na máxima categoría. Deixou o Albacete en 1996, tralo descenso do equipo de novo a Segunda.
Fichou entón polo Racing de Santander, club co que disputou a súa última campaña na Primeira División. No equipo dirixido por Marcos Alonso coincidiu cos tamén uruguaios Diego López e Fernando Correa e participou en case tódolos partidos da tempada, marcando 4 goles.
En 1997 volveu ao seu país, onde asinou co Nacional, histórico rival do seu primeiro club, Peñarol. Disputou 16 partidos oficiais co equipo de Montevideo, nos que marcou 3 goles, un deles no clásico ante Peñarol. A continuación xogou no Bella Vista durante a tempada 1998.
A finais de 1998 volveu ao Albacete e axudou o equipo a evitar o descenso á Segunda División B. Sumou 12 encontros máis, para deixar a súa conta persoal en 258 partidos e 76 goles co Albacete.[4]
Tras un ano en branco, volveu á actividade na tempada 2000/01, fichando polo Quintanar del Rey da Terceira División, xunto ao seu excompañeiro do Albacete, Catali. Proclamouse campión do seu grupo e disputou sen éxito a fase de ascenso a Segunda B. Tras unha segunda campaña co Quintanar del Rey, colgou as botas aos 38 anos.
O seu representante foi o empresario uruguaio Paco Casal, co que seguiu traballando como axente en Europa trala súa retirada como futbolista.[5][6]
Selección uruguaia
editarFoi 29 veces internacional coa selección do Uruguai, coa que debutou o 13 de xuño de 1984, nun amigable ante Inglaterra no estadio Centenario. Foi convocado por Omar Borrás para o Mundial de 1986 en México, participando só nun partido, a derrota por 6-1 contra Dinamarca, no que entrou na segunda parte como substituto de Antonio Alzamendi.[7] Xogou o seu último encontro coa selección o 19 de setembro de 1993 no estadio do Maracanã, nun partido contra o Brasil correspondente á clasificación para o Mundial de 1994.
Palmarés
editar- Peñarol
- Primeira División do Uruguai (2): 1982, 1985.
- Albacete
- Quintanar del Rey
Notas
editar- ↑ "Uruguay y España pugnan por el hijo de Zalazar - MARCA.com". 10 de marzo de 2014. Consultado o 5 de agosto de 2020.
- ↑ "Mexico 1988/89". rsssf.org (en inglés). Consultado o 3 de setembro de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 "La previa del Espanyol-Albacete" (en castelán). 10 de setembro de 2020. Consultado o 3 de setembro de 2022.
- ↑ "Zalazar, Catali, Bjelica y Parri en el centro del campo". Albacete Balompié (en castelán). 23 de abril de 2020. Consultado o 3 de setembro de 2022.
- ↑ Góngora, Antonio (13 de febreiro de 2016). "Michael Santos, segundo fichaje del Málaga para la próxima temporada" (en castelán). Consultado o 3 de setembro de 2022.
- ↑ Castro, Juan (30 de xuño de 2011). "Representante de los jugadores uruguayos en España". Marca (en castelán). Consultado o 3 de setembro de 2022.
- ↑ "Dinamarca - Uruguai". FIFA (en inglés). Consultado o 3 de setembro de 2022.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Datos do xogador co Club Nacional (en castelán).
- Datos do xogador na Asociación Uruguaia de Fútbol (en castelán).