José Brandariz Ramos

canteiro e sindicalista galego

José Brandariz Ramos, nado en Carral cara a 1888 e finado na Coruña en 9 de marzo de 1938, foi un canteiro e sindicalista galego.

Modelo:BiografíaJosé Brandariz Ramos
Biografía
Nacementoc. 1888 Editar o valor en Wikidata
Carral, España Editar o valor en Wikidata
Morte9 de marzo de 1938 Editar o valor en Wikidata (49/50 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncanteiro, sindicalista Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 3793

Traxectoria

editar

Instalado na Coruña como canteiro. Delegado do Sindicato de Canteiros da Federación Local Obrera da CNT e socio do Centro de Estudios Sociales Germinal. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo agochado e formou parte dunha rede clandestina de militantes confederais. Detido no verán de 1937, foi xulgado por rebelión militar o 30 de outubro xunto con Jaime Baella Pérez, Ángel Fernández Fernández, Ricardo Martín González, Marcelino Calviño Pato, Jesús López Casado, Felisardo Brandariz Souto, Manuel Lantes Fernández, Juan Aguiar Brandariz, Juan Couso Martín e Roberto Seoane Ferreiro,[1] e condenado a pena de morte. Foi fusilado o 9 de marzo de 1938 xunto con Cándido Sánchez Rodríguez, Jaime Baella Pérez, Ángel Fernández Fernández, Ricardo Martín González, Marcelino Calviño Pato, Jesús López Casado e Felisardo Brandariz Souto.[2][3]

Vida persoal

editar

Foi pai de Felisardo Brandariz Souto.

  1. La Voz de Galicia, 31-10-1937, p. 3.
  2. El Compostelano, 10-3-1938, p. 2.
  3. La Voz de Galicia, 11-3-1938, p. 2.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar