John Bardeen
John Bardeen, nado en Madison (Wisconsin) o 23 de maio de 1908 e finado en Boston (Massachusetts) o 30 de xaneiro de 1991, foi un físico norteamericano, a única persoa en gañar dous premios Nobel de física, en 1956 polo transistor con William Bradford Shockley e Walter Houser Brattain, e en 1972 por unha teoría fundamental da supercondutividade con Leon Cooper e John Robert Schrieffer, agora chamada teoría BCS.
Traxectoria
editarBardeen foi un neno prodixio con grandes dotes para as matemáticas. Estudou na Universidade de Wisconsin-Madison, tras graduarse entrou a traballar en Gulf Research Laboratories de Pittsburgh, pero o traballo non era do seu interese e déixao para doutorarse en matemáticas pola Universidade de Princeton baixo a dirección do Premio Nobel Eugene Wigner.
En 1938 entrou como axudante na Universidade de Minnesota, durante a participación dos Estados Unidos na segunda guerra mundial traballou nun laboratorio militar.
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |