John Aniston

actor estadounidense

John Aniston (en grego: Γιάννης Αναστασάκης), nado como Yannis Anastassakis en Creta o 24 de xullo do 1933 e finado o 11 de novembro de 2022,[1] foi un actor grego-americano, pai da actriz Jennifer Aniston.

Modelo:BiografíaJohn Aniston

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(el) Γιάννης Αναστασάκης Editar o valor en Wikidata
24 de xullo de 1933 Editar o valor en Wikidata
Chania (Grecia) Editar o valor en Wikidata
Morte11 de novembro de 2022 Editar o valor en Wikidata (89 anos)
Condado dos Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Outros nomesJohn Aniston Editar o valor en Wikidata
EducaciónPennsylvania State University Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor de televisión, actor de teatro, actor de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1962 Editar o valor en Wikidata - 2022 Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarArmada dos Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Rango militarlieutenant commander (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeSherry Rooney (1984–2022)
Nancy Dow (1965–1980), divorcio Editar o valor en Wikidata
FillosJennifer Aniston
 () Nancy Dow
Alex Aniston
 () Sherry Rooney Editar o valor en Wikidata
PaisAntonios John Anastassakis Editar o valor en Wikidata  e Stella Joanna Anastassakis Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteJohn Aniston, Veteran Television Actor, Dies at 89 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0030100 Allocine: 115920 Allmovie: p303015 IBDB: 77849
Discogs: 3655013 WikiTree: Anastassakis-2 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Vida persoal

editar

Fillo de Stella e Anthony Anastassakis, o seu pai mudou o seu nome ó emigraren ós Estados Unidos cando el tiña dous anos de idade, e os seus pais, abriron un restaurante en Chester, Pensilvania. Ten dúas irmás e era membro da fraternidade Alpha Chi Rho.

Graduouse na Universidade Estatal de Pensilvania cunha licenciatura en Artes Teatrais. Serviu na Armada dos Estados Unidos coma oficial de intelixencia en servizo activo en Panamá e máis tarde na reserva, alcanzando o rango de Tenente Comandante.

Tivo á súa filla, Jennifer Aniston, coa súa primeira esposa, Nancy Dow (de quen se divorciou máis tarde), e tamén ten un fillo, Alexander, da súa segunda esposa, Sherry Rooney Aniston. O seu mellor amigo era o falecido actor Telly Savalas.

A súa carreira

editar

Aniston comezou vendendo aspriadores a domicilio porque non gañaba cartos como actor[2]. O seu mellor amigo, Telly Savalas, dáballe algún traballo como o fixo en Kojak. Apareceu en telenovelas case continuamente dende 1975, cando se incorporou ó elenco de Love of Life como Eddie Aleata, serie que deixou en 1978 para interpretar o novo amor de Mary Stuart, Martin Tourneur, en Search for Tomorrow, desempeñou ese papel até 1984. Incorporouse ó elenco Days of our Lives como Victor Kiriakis en 1985, mantendo ese papel ata a súa morte.

Tamén fixo cameos nas series Gilmore Girls e en My Big Fat Greek Life.

  1. Griffin, Louise (14 de novembro de 2022). "Jennifer Aniston announces death of dad, actor John Aniston, aged 89: ‘I’ll love you till the end of time – don’t forget to visit’" (en inglés). Metro. Consultado o 14 de novembro de 2022. 
  2. "Clarín.com - ENTREVISTA A JENNIFER ANISTON". Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2009. Consultado o 17 de xaneiro de 2009. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar