Jean-Paul Rappeneau
Jean-Paul Rappeneau, nado en Auxerre (Yonne) o 8 de abril de 1932 é un director de cinema e guionista francés.
(2009) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de abril de 1932 (92 anos) Auxerre, Francia |
Altura | 1,8 m |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, guionista, realizador |
Período de actividade | 1960 - |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Fillos | Julien Rappeneau, Martin Rappeneau |
Irmáns | Élisabeth Rappeneau |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Traxectoria
editarRappeneau comezou no cinema como axudante e guionista colaborando Louis Malle en Zazie dans le metro en 1960 e en Vie privee en 1961. En 1964, coescribiu L' Homme de Rio, protagonizado por Jean-Paul Belmondo.
O primeiro filme que escribiu e dirixiu foi La vie de château en 1965. A pesar de ser un éxito de crítica e de público non volveu facer outro filme ata 1971, cando dirixiu Les Mariés de l'an II, de novo con Belmondo e con Marlène Jobert.
Desde 1975 Rappeneau escribiu só para os seus propios filmes, incluíndo O salvaxe, protagonizado por Yves Montand e Tout feu, tout flamme (1981), tamén con Montand e ademais con Isabelle Adjani. En 1990 dirixiu o luxoso filme Cyrano de Bergerac, adaptado do clásico de Edmond Rostand, e protagonizado por Gérard Depardieu no que se converteu no seu maior papel. Esta versión é a máis elaborada das realizada e unha das producións francesas máis caras da historia.
En 2003 dirixiu a comedia Bon Voyage, coescrita con Patrick Modiano, na que volveu contar con Depardieu e Adjani.
Filmografía
editar- Guionista - Signé Arsène Lupin (1959), con Robert Lamoureux e Alida Valli
- Guionista - Zazie dans le métro (1960), con Catherine Demongeot e Philippe Noiret
- Guionista - Vie privée (1962), con Brigitte Bardot e Marcello Mastroianni
- Guionista - Le Combat dans l'île (1962), con Romy Schneider e Jean-Louis Trintignant
- Guionista - L'homme de Rio (1964), con Jean-Paul Belmondo e Françoise Dorléac
- Guionista - La fabuleuse aventure de Marco Polo (1965), con Horst Buchholz e Anthony Quinn
- Guionista - Les survivants (televisión) (1965), con Frédéric de Pasquale e Catherine Diamant
- Director e guionista - La vie de château (1965), con Catherine Deneuve e Pierre Brasseur
- Director e guionista - Les mariés de l'an II (1971), con Jean-Paul Belmondo e Marlène Jobert
- Guionista - Le Magnifique (1973), con Jean-Paul Belmondo e Jacqueline Bisset
- Director e guionista - O salvaxe (1975), con Yves Montand e Catherine Deneuve
- Director e guionista - Tout feu, tout flamme (1982), con Yves Montand e Isabelle Adjani
- Director e guionista - Cyrano de Bergerac (1990), con Gérard Depardieu
- Director e guionista - Le hussard sur le toit (1995), con Juliette Binoche e Olivier Martinez
- Director e guionista - Bon Voyage (2003), con Isabelle Adjani e Gérard Depardieu, guión co-escrito con Patrick Modiano.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Jean-Paul Rappeneau na IMDb (en inglés).