Jaime Vidal Rey

estudoso e xornalista galego

Jaime Vidal Rey, nado en Carballedo (concello de Cotobade) en 1915 e finado en Hinojosa del Duque (Córdoba) o 2 de febreiro de 1939, foi un estudoso e xornalista galego.

Modelo:BiografíaJaime Vidal Rey
Biografía
Nacemento1915 Editar o valor en Wikidata
Carballedo, España Editar o valor en Wikidata
Morte2 de febreiro de 1939 Editar o valor en Wikidata (23/24 anos)
Hinojosa del Duque, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar
 
O SEG en 1936: Xesús Carro, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Luís Iglesias Iglesias, Sebastián González García-Paz, Felipe Cordero Carrete, Salustiano Portela Pazos, Paulino Pedret, Jaime Vidal Rey, Antón Iglesias Vilarelle, Manuel Díaz Rozas, Alfonso Vázquez Martínez, Xosé Filgueira Valverde, Xulio Francisco Ogando, Ramón Sobrino Buhigas, Anxelo Ramos Colemán, Isidro Parga Pondal, Florentino López Cuevillas e Xoán López Durá

Fixo o bacharelato no Instituto de Pontevedra, onde ingresou en 1926.[1] Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Membro do Seminario de Estudos Galegos, ingresou en 1934 co traballo "Papeletas pra o estudo da Real Audiencia de Galicia",[2] e foi elixido contador da Comisión Directora en 1935.[3] Publicou en Raza Celta de Montevideo o manifesto "Aos mozos galegos".[4] Foi redactor-xefe de La Voz de Cotobad.[5] Participou na campaña a prol do SI ao Estatuto de Autonomía cunha conferencia en Unión Radio en xuño de 1936.[6] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 escondeuse no monte. Para escapar á represión ingresou como voluntario no Terzo de Requetés de Pontevedra. Estivo na fronte de Guadarrama.[7] Foi tenente provisional de Infantaría do Batallón de Cazadores de Ceuta, núm. 7. Morreu en acción de guerra en Sierra Patuda, no termo de Hinojosa del Duque, o 2 de febreiro de 1939.[8] Coa súa morte, o franquismo manipulou e apropiouse da súa figura como un "mártir da Cruzada".

  1. El Diario de Pontevedra, 5-6-1926. p. 2.
  2. El Compostelano, 28-3-1934, p. 2.
  3. Raza Celta, 1-1935, p. 23.
  4. Raza Celta, 31-7-1934, p. 11.
  5. El Pueblo Gallego, 8-5-1936, p. 12.
  6. "Conferencia radiada" in El Pueblo Gallego, 23-6-1936, p. 8.
  7. El Ideal Gallego, 17-2-1939, p. 6.
  8. BOE, 14-2-1939, p. 863

Véxase tamén

editar