Laboratorio de Propulsión a Chorro
O Jet Propulsion Laboratory (JPL) é un centro de investigación e desenvolvemento espacial financiado polo goberno federal, administrado polo Instituto Tecnolóxico de California (Caltech) e patrocinado pola NASA, localizado en La Cañada Flintridge (California).
Laboratorio de Propulsión a Chorro | |
---|---|
Acrónimo | JPL |
Tipo | NASA facility, federally funded research and development center e space center |
Data de fundación | 31 de outubro de 1936 |
Director/a | Michael M. Watkins, Larry D. James e Laurie Leshin |
Nº de empregados | 5.000 |
Organización matriz | NASA e Instituto Tecnolóxico de California |
Organización subsidiaria | Keck Institute for Space Studies |
Sede | La Cañada Flintridge e Pasadena |
En | La Cañada Flintridge |
País | Estados Unidos de América |
34°12′00″N 118°10′18″O / 34.2, -118.17166666667 | |
Na rede | |
https://www.jpl.nasa.gov/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Laboratorio de Propulsión a Chorro ten como función primordial a construción e o control de naves robóticas enviadas ó espazo amais de controlar as misións de astronomía na orbita terrestre. O JPL tamén é o responsable de dirixir as operacións da "Rede do Espazo Profundo" da NASA.
Entre os proxectos de máis relevancia que realizou o laboratorio destacan; a misión Mars Science Laboratory (da que forma parte o rover Curiosity), a sonda espacial Mars Pathfinder, a misión Cassini-Huygens cara á órbita de Saturno, a Mars Exploration Rover Opportunity, a Mars Reconnaissance Orbiter, a misión Dawn cara ao planeta anano Ceres e o asteriode Vesta, a nave Juno de camiño cara a Xúpiter, o telescopio espectroscópico de gama nuclear NuSTAR (telescopio de raios X) e o Telescopio Espacial Spitzer, entre outros.
O centro de control de operacións espaciais "Space Flight Operations Facility" amais o simulador de condicións espaciais "Twenty-Five-Foot Space Simulator" do Laboratorio de Propulsión a Chorro están considerados como "Fitos Histórico Nacionais" dos Estados Unidos.
Historia do laboratorio
editarOs comezos do Jet Propulsion Laboratory remóntanse a década de 1930, cando o profesor Theodore von Kármán empezou a realizar experimentos con foguetes a propulsión no Laboratorio Aeronáutico Guggenheim do Instituto Tecnolóxico de California.
En 1943 algúns dos estudantes que participaran nas investigacións e o desenvolvemento deste tipo de propulsores, entre os que destacan Frank Malina, Jack Parsons e Edward S. Forman, fundan xunto con Kármán a "Aerojet Corporation", dedicada a construción de motores JATO, cambiando formalmente o nome en novembro dese mesmo ano a Jet Propulsion Laboratory e establecendose un contrato de colaboración co exército a través da universidade.
Durante a segunda guerra mundial o JPL, a petición do exército, dedicouse a analizar e investigar sobre os foguetes V2 desenvolvidos por Alemaña durante a contenda, colaborando amais noutros proxectos bélicos.
Os anos que o JPL colaborou co exército dos Estados Unidos desenvolveu mísiles balísticos, sistemas antimísiles e algún tipo de foguete suborbital. Un módulo de descenso lunar ("lander", en inglés) foi deseñado en 1938-39, prototipo que posteriormente influenciaría no deseño do módulo de aterraxe lunar da misión Apolo.
Na década de 1950, en colaboración co grupo de enxeñeiros en foguetes espaciais de Wernher von Braun, o JPL formou parte dun equipo que ideou unha tecnoloxía para a reentrada na atmosfera. Amais este equipo lanzou ao espazo o primeiro satélite americano, o Explorer 1, en febreiro de 1958.
O Jet Propulsión Laboratory quedou baixo a responsabilidade da NASA en decembro de 1958, converténdose no centro de aeronáutica espacial da NASA. O JPL deseñou e dirixiu as operacións das misións lunares Ranger e Surveyor que prepararon o camiño da misión Apolo. O Laboratorio de Propulsión a Chorro tamén foi pioneiro na exploración interplanetaria concibindo as misións Mariner a Venus, Marte e a Mercurio.
O JPL foi o primeiro en empregar a mulleres matemáticas. Nas décadas de 1940 e 1950, as mulleres dun grupo de cálculo exclusivamente feminino realizaban cálculos de traxectorias.[1] En 1961, o JPL contratou a Dana Ulery como enxeñeira para traballar xunto aos enxeñeiros dos equipos de seguimento das misións Ranger e Mariner.[2]
En 1998 o JPL crea o "Programa para Obxectos Próximos á Terra"; en 2013 xa se atoparan o 95% dos asteroides dun quilómetro ou máis de diámetro que cruzan ca orbita terrestre.
Lista de directores
editar- Dr. Theodore von Kármán; 1938 - 1944
- Dr. Frank Malina; 1944 - 1946
- Dr. Louis Dunn; 1946 - 1 de marzo de 1954
- Dr. William H. Pickering; 1 de marzo de 1954 - 31 de marzo de 1976
- Dr. Bruce C. Murray; 1 de abril de 1976 - 30 de xuño de 1982
- Dr. Lew Allen, Jr.; 22 de xullo de 1982 - 31 de decembro de 1990
- Dr. Edward C. Stone; 1 de xaneiro de 1991 - 30 de abril de 2001
- Dr. Charles Elachi; 1 de maio de 2001 - 30 de xuño de 2016
- Dr. Michael M. Watkins, 1 de xullo de 2016 - presente
Notas
editar- ↑ "Women Made Early Inroads at JPL". web.archive.org. 2020-05-25. Archived from the original on 25 de maio de 2020. Consultado o 2021-04-14.
- ↑ "Dana Ulery, informática". Mujeres con ciencia (en castelán). 2016-01-02. Consultado o 2021-04-14.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Laboratorio de Propulsión a Chorro |