IES Gonzalo Torrente Ballester
O Instituto de Ensino Secundario Gonzalo Torrente Ballester[1] é un centro pertencente á rede pública de institutos da Xunta de Galicia, situado en Pontevedra. Leva o nome do escritor Gonzalo Torrente Ballester. Está situado ao sur da cidade. Nel impártese Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e o ciclo superior de Proxectos de edificación.
IES Gonzalo Torrente Ballester | |
---|---|
Enderezo | |
Rúa Herminia Fariña Cobián s/n, Pontevedra | |
Datas | |
Creación | 1989 |
Edificio actual | 1990 |
Educación | |
Ensinanzas | Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato; ciclo superior de Proxectos de edificación |
Xestión | |
Tipo | público |
Titularidade | Xunta de Galicia |
Na rede | |
Web |
Historia
editarO IES Gonzalo Torrente Ballester foi creado como tal no curso 1989-1990. Con todo, o centro escolar non se inaugurou até xaneiro de 1990, polo que o primeiro trimestre dese curso se impartiu nas instalacións do IES A Xunqueira II.
O instituto acolle alumnado do concello de Pontevedra mais tamén de concellos veciños como Vilaboa, Soutomaior ou Marín. Ten tres centros adscritos atendendo á procedencia académica do alumnado: o CEIP A Carballeira de Lourizán, o CEIP San Martiño e o CEIP de Cabanas de Salcedo.
Docentes neste centro son ou foron Francisco Calo Lourido, Juan Rivas Fernández, Luís Bará, Manuel Lourenzo González, Henrique Egea Lapina, María Dolores Valiño Ferrín, Aurelio Sánchez Tomé e María Victoria Moreno, quen doou ao centro a súa biblioteca persoal, de 4500 volumes, incluídas varias edicións e uns 150 estudos de Don Quixote.[2]
Notas
editar- ↑ Páxina de presentación do centro
- ↑ "Maestra, escritora y generosa". Faro de Vigo (en castelán). 14/5/2011.