Hipoxemia
A hipoxemia é a diminución anormal da cantidade de osíxeno transportado no sangue arterial. Pode ser causado pola diminución da presión inspirada de osíxeno (PIO2), por hipoventilación alveolar, por unha difusión inadecuada do osíxeno a través do alvéolo, polo desequilibrio da ventilación-perfusión e por shunt. A baixa concentración de osíxeno no sangue provoca unha deficiente liberación de osíxeno nos tecidos, esta hipoxia pode causar un baixo rendemento mental ao afectar ao Sistema nervioso central.