O termo hedonismo procede etimolóxicamente dunha palabra grega que ten por significado “pracer”.

O filósofo Aristipo de Cirene foi un dos primeiros defensores do hedonismo ético.

O hedonismo é unha postura que defende o benestar positivo e baséase en posuír experiencias positivas, e o benestar negativo baséase en posuír certas experiencias negativas. Esta postura é unha teoría recollida dentro das teorías centradas nas experiencias. Entre elas, o hedonismo é a máis difundida.

Para facer referencia ás experiencias positivas emprégase comunmente o termo “desfrute” e para ás experiencias negativas emprégase o termo “sufrimento”, entendiendo este último coml algo que lle causa certo prexuízo ao individuo. A pesar de que ás veces o sufrimento poida ter consecuencias positivas e o desfrute consecuencias negativas, sempre vai ser o sufrimento malo e o desfrute bo en si mesmos. Segundo a intensidade ou a duración o nivel positivo ou negativo que son as experiencias pode variar.

Segundo esta postura, o que é bo en si mesmo é ter experiencias positivas e o malo é ter experiencias negativas. A partir disto, podemos falar de varias posturas hedonistas, unha delas é:

- O hedonismo negativo. Esta posición considera que non existe o benestar positivo, e que o benestar negativo baséase na posesión de experiencias negativas, po lo que desde esta postura o que se busca e ó que se lle da prioridade é evitar e reducir o sofremento e as experiencias negativas, en lugar de buscar experiencias positivas debido á premisa da inexistencia do benestar positivo, sendo o máis semellante a este a ausencia de sofremento (experiencias negativas fronte ás neutras, que manteñen a estabilidade).

Por "hedonismo" enténdese erroneamente en diversas ocasións coma un modo de vida no que se buscan os praceres corporais (como é o caso de Aristipo de Cirene), mais existen filósofos como Epicuro que propoñen unha visión racional a busca de pracer espiritual, comprendendo a finitude e efimeridade dos praceres corporais e buscando unha vida feliz por medio da moderación sen excesos.

Realízanse críticas ao hedonismo dende a chamada “moral dos valores”, xa que o pracer aínda que non sexa eliminado totalmente, pode e debe subordinarse a outros valores na súa mesma liña, atopándose nos que se distinguen entre as facultades xerarquizadas do desexo, da interior e da superior.

Esta postura pode parecer unha mala teoría porque estamos reducindo todas as cousas que valoramos a unha cousa única. Pero se hai unha increíbel variedade de praceres e non hai unha relación clara entre eles ou incluso regras de como funciona cada unha internamente. O hedonismo non parece comparar moito en termos de economía ética.

Kant considera que o hedonismo como unha das morales “materiais”, e como tal non sería capaz de proporcionar completa seguridade sobre os valores fundamentais, tal e como se os fixera unha moral “formal”.