Hattena
Hattena foi unha cidade da Terra Alta Hitita.
Foi incluída no reino vasalo de Hakpis creado como reino por Muwatallis II e cedido ao seu irmán Hattusilis sobre o -1300. A cidade, que fora danada polos kaskas, foi restaurada e repoboada por Hattusilis entre dez e quince anos despois da creación do reino.