Harpo Marx
Adolph Arthur Marx, máis coñecido coma Harpo Marx, nado en Nova York o 23 de novembro de 1888 e finado nos Ánxeles o 28 de setembro de 1964, foi un dos Irmáns Marx, un grupo de Vodevil e artistas do Teatro de Broadway que despois se fixeron famosos en todo o mundo polas súas intervencións no cinema. Era ben coñecido polos seguintes trazos: nunca falaba, tocaba a arpa e empregaba para comunicarse cos demais asubíos e tamén unha bucina.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (mul) Adolph Marx 23 de novembro de 1888 Nova York, Estados Unidos de América |
Morte | 28 de setembro de 1964 (75 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Outros nomes | Harpo Marx |
Actividade | |
Ocupación | guionista, actor de televisión, actor de teatro, mimo, actor de cinema, humorista |
Período de actividade | 1910 - 1964 |
Membro de | |
Profesores | Henriette Renié (pt) |
Instrumento | Arpa |
Selo discográfico | RCA Victor |
Familia | |
Cónxuxe | Susan Fleming (1936–1964) |
Pais | Sam Marx e Minnie Schoenberg Marx |
Irmáns | Groucho Marx Zeppo Marx Chico Marx Gummo Marx |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
En xaneiro de 1910, Harpo uniuse a dous dos seus irmáns, Julius e Herbert, para formar "The Three Nightingales". Harpo deixou de falar en escena a raíz dunha crítica que lles fixeron nun xornal, a cal se refería ao seu bo traballo xestual e de caracterización, e que este se botaba a perder cando falaba.
Na súa autobiografía sinalou que a súa nai Minnie Marx foi quen lle regalou unha arpa e ós poucos comezou a tocala nos escenarios. A súa formación musical, coma a seus irmáns, era autodidacta.
Pouco antes de comezar a segunda guerra mundial trocou o seu nome polo de Arthur, xa que consideraba de Adolph soaba "moi alemán".
Harpo apareceu, en solitario no filme Too Many Kisses, catro anos antes do debut no cinema dos Irmáns Marx. Aquí aparece a única frase que dixo diante dunha cámara. Mais o filme era mudo e único que o público puido ver foi a Harpo movendo os beizos e unha liña de subtítulos que dicía: "You sure you can't move?" (Seguro que non te podes mover?).
Harpo casou coa actriz Susan Fleming o 28 de setembro de 1936. A parella chegou a adoptar catro nenos: Bill, Alex, Jimmy e Minnie.
En 1961 publicou a súa autobiografía, Harpo Fala.
Harpo Marx morreu o 28 de setembro de 1964, á idade de 75 anos.
Seguindo a súa vontade, a súa arpa foi doada ao estado de Israel.
Carreira coma actor
editarVéxase Irmáns Marx.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Marx, Harpo. Harpo Speaks. (Harpo Fala) ISBN 0-87910-036-2
Ligazóns externas
editar- Comprehensive fan site, with clips of Harpo speaking (en inglés)
- Algonquin Round Table Walking Tours Arquivado 17 de febreiro de 2007 en Wayback Machine. (en inglés)
- Algonquin Circle LinksArquivado 24 de outubro de 2018 en Wayback Machine. (en inglés)