Hafnarfjörður
Hafnarfjörður ou Hafnarfjordur ['hapnarˌfjœrðør̥] é unha cidade portuaria situada na costa suroeste de Islandia, a uns 10 km ao sur de Reiquiavik. É a terceira cidade máis poboada de Islandia, despois de Reiquiavik e de Kópavogur, e acadou os 25.000 habitantes o 29 de febreiro do 2008 e, segundo o censo de 2023, o 1 de xaneiro contaba con 30 568 habitantes.[1]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País insular | Islandia | ||||
Rexión | Höfuðborgarsvæði | ||||
Concello | Hafnarfjarðarkaupstaður (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 30.568 (2023) (213,76 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 143 km² | ||||
Altitude | 0 m | ||||
ISO 3166-2 | IS-HAF | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Ilulissat Hämeenlinna Akureyri Juanjuí (pt) Tvøroyri (pt) Bærum Frederiksberg (pt) Cuxhaven concello de Uppsala Tartu City (en) Baoding (pt) (1994–) | ||||
Páxina web | hafnarfjordur.is |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Ao ser a terceira maior cidade de Islandia, en Hafnarfjörður hai variedade de industrias, de actividades urbanas e celebración de festivais anuais.
Historia
editar1910 | 1.547 |
---|---|
1920 | 2.366 |
1930 | 3.591 |
1940 | 3.686 |
1950 | 5.087 |
1960 | 7.160 |
1970 | 9.696 |
1980 | 12.205 |
1990 | 15.151 |
2000 | 19.640 |
2008 | 25.107 |
2023 | 30 568 |
Hafnarfjörður (que significa Porto do Fiorde) debe o seu nome ao excelente porto natural da súa localización. A cidade é nomeada por primeira vez no Libro dos Asentamentos, e os primeiros informes de viaxes a Hafnarfjörður datan de finais do século XIV.
Os ingleses comezaron comerciar en Hafnarfjörður no século XV, os comerciantes alemáns seguiron aos ingleses e remataron por desprazalos. Desde aquela os comerciantes Hanseáticos prevaleceron na cidade ata 1602, coa súa base en Hvaleyri. Nesa data a monarquía dinamarquesa estableceu un monopolio dinamarqués no comercio en Islandia que duraría ata fins do século XVIII. Durante ese período, Hafnarfjörður foi o centro de comercio máis importante do país.
En 1793 Bjarni Sívertsen asentouse en Hafnarfjörður e fíxose influente nos negocios locais e no comercio internacional, establecendo a principal empresa de pesca comercial. A súa empresa e iniciativa sinala o comezo dun comercio importante na cidade. Desde entón foi chamado “o pai de Hafnarfjörður” e alcumado “Sir Bjarni”. Arredor de 1870 houbo uns cambios dramáticos na pesca islandesa. Os habitantes de Hafnarfjörður seguiron a tendencia crecente en Islandia de usar barcos con cuberta en vez de barcos de remos. Isto conduciu a un maior emprego e un rápido crecemento e Hafnarfjörður adquiriu o status oficial de municipio en 1908.
A primeira estrada entre Reiquiavik e Hafnarfjörður foi rematada en 1898. O primeiro arrastreiro islandés, Coot, estivo atracado en Hafnarfjörður entre 1905 e 1908. A súa zona estaba limitada pola unión de Reykjavíkurvegur, Strandgata e Vesturgata. O seu primeiro alcalde foi Páll Einarsson, quen máis tarde chegou a ser alcalde de Reiquiavik. Un porto para barcos comerciais maiores foi construído en 1912.
Despois da segunda guerra mundial arrastreiros máis modernos e numerosos barcos con motor foron engadidos á frota. O primeiro arrastreiro de popa na cidade apareceu en 1973. Hoxe en día Hafnarfjörður é un dos maiores centros pesqueiros do país e o primeiro mercado grosista de peixe de Islandia. Ao longo do tempo a dinámica economía local de Hafnarfjörður estivo fortemente vencellada á pesca, aínda que o transporte de mercadorías chegou a ser recentemente a maior actividade portuaria. Actualmente a cidade é o segundo porto de Islandia en importancia de importacións e exportacións.
Cultura
editarHafnarfjörður está considerada a capital do rock and roll en Islandia (se ben anteriormente era considerada Keflavík), e nela teñen orixe grupos coma Botnleðja, Jet Black Joe, HAM, Sign, Úlpa, Lada Sport e Jakobínarína.
Días Brillantes
editarCada ano en maio ten lugar o festival do Días Brillantes. Os actos inclúen curtametraxes e concertos e normalmente conclúen cun día en homenaxe aos mariñeiros islandeses.
Festival viquingo
editarNo solsticio de verán ten lugar un festival viquingo, iniciado polo pub-restaurante Fjörukráin,no que entusiastas da cultura viquinga de todo o mundo fan reconstrucións da vestimenta viquinga, artesanía, loitas con espadas etc.
Elfos
editarHafnarfjörður é coñecida por ser un dos máis populares lugares de residencia de elfos en Islandia. A cidade está construída sobre lava e rodeada de grandes montículos, que se cre que son as casas destes seres mitolóxicos. A cultura popular di que é moi difícil e practicamente imposible destruír estas casas. Hai a posibilidade de facer excursións polos arredores de Hafnarfjörður para visitar as casas máis populares dos elfos, e aínda que a crenza nos elfos diminuíu nos últimos tempos seguen a ser moi populares entre os islandeses e os turistas.
Cidades irmás
editarUppsala (Suecia) e Tartu (Estonia).
Deportes
editarO equipo de fútbol local o FH Hafnarfjörður gañou a Liga de primeira división islandesa tres temporadas consecutivas (2004-2005-2006-2008).
O club de balonmán Haukar Hafnarfjörður gañou a Liga Islandesa de Balonmán no 2007/08 e xoga a Champions League da EHF na temporada 2008/09.
Notas
editar- ↑ "All Urban Settlements (Iceland): Urban Localities in Municipalities". www.citypopulation.de (en inglés). Consultado o 3 de decembro de 2023.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hafnarfjörður |
A Galipedia ten un portal sobre: Islandia |