Ghrelina
A ghrelina[1] ou grelina[1] (en farmacoloxía o nome DCI é lenomorelina) é unha hormona peptídica de 28 aminoácidos que estimula o apetito, producida polas células do tracto gastrointestinal, principalmente polas células P/D1 do revestimento interno do fundus do estómago e polas células épsilon do páncreas.[2][3] Adoita denominarse "hormona da fame", xa que estimula o apetito.[4] Orixínase a partir da clivaxe ou corte dun prepropéptido máis longo codificado no xene GHRL, situado no cromosoma 3 humano. Os niveis de ghrelina increméntanse antes das comidas e diminúen despois. Considérase que contrarresta á hormona leptina, producida polo tecido adiposo, a cal induce a sensación de saciedade cando está presente en niveis altos. Nalgúns tratamentos da obesidade, redúcese o nivel de ghrelina dos pacientes, para así causar a saciedade bastante antes de que esta se produza de forma normal.
GHRL | |||
---|---|---|---|
Estruturas dispoñibles | |||
PDB | Buscar ortólogos: PDBe, RCSB | ||
Identificadores | |||
Nomenclatura | Outros nomes
| ||
Identificadores externos | |||
Locus | Cr. 3 p25.3 | ||
Ortólogos | |||
Especies |
| ||
Entrez |
| ||
Ensembl |
| ||
UniProt |
| ||
RefSeq (ARNm) |
| ||
RefSeq (proteína) NCBI |
| ||
Localización (UCSC) |
| ||
PubMed (Busca) |
|
A ghrelina é un potente estimulador da hormona do crecemento na adenohipófise.[5] O receptor da ghrelina é un receptor acoplado á proteína G, coñecido como o receptor secretagogo da hormona do crecemento. A ghrelina únese á variante de splicing GHSR1a deste receptor, o cal está presente en gran cantidade no hipotálamo, hipófise e nos corpos das células aferentes vagais e nas terminacións aferentes vagais por todo o tracto gastrointestinal [6][7]
A ghrelina xoga un papel significativo na neurotrofia (desenvolvemento e funcionamento neuronal), especialmente no hipocampo, e é esencial para a adaptación cognitiva ao cambio de ambientes e no proceso da aprendizaxe.[8][9] Recentemente, viuse que a ghrelina activa a isoforma endotelial da óxido nítrico sintase nunha ruta que depende de varias quinases, como a Akt.[10]
A diferenza de moitos outros péptidos endóxenos, a ghrelina pode cruzar a barreira hematoencefálica, o que lle dá á ghrelina administrada exoxenamente un gran potencial para o seu uso clínico.[11]
Historia e nome
editarO descubrimento da ghrelina seguiu ao descubrimento do receptor da ghrelina en 1996 [12] e foi publicado por Masayasu Kojima e os seus colegas en 1999.[5][4] O seu nome foi acuñado en inglés como ghrelin, e ten unha estraña ortografía en inglés e en galego, xa que esta denominación está baseada no seu papel como péptido liberador da hormona do crecemento (growth hormone-releasing peptide), e á vez fai referencia á raíz protoindoeuropea *ghre, que significa crecer, e ten a terminación ina, típica do nome da maioría das hormonas.[4] Tamén se ve escrito grelina, regularizando máis a ortografía, aínda que perdendo parte da referencia ao seu significado orixinario.[1] En calquera caso, o nome do seu xene mantén o H (GHRL).[13]
Síntese e variantes
editarO ARNm transcrito do xene GHRL codifica un péptido de 117 aminoácidos chamado preproghrelina, que contén 4 exóns de dito xene. Primeiro, córtase e sepárase a molécula do péptido de sinalización deste longo precursor, orixinando o que queda a proghrelina. A proghrelina é cortada despois en dous fragmentos producindo o péptido ghrelina de 28 aminoácidos (non acilado) e a ghrelina C (da cal se supón que se corta a obestatina).[6]
O termo ghrelina xeralmente fai referencia á forma octanoilada da ghrelina (acil ghrelina), é dicir, unida a un residuo de ácido octanoico. A acil ghrelina está formada polo péptido de 28 aminoácidos cunha octanoilación no seu terceiro aminoácido (serina). Esta octanoilación lévaa a cabo o encima ghrelina O-aciltransferase (GOAT) (membro da familia de proteínas de O-aciltransferases unidas á membrana), localizado no estómago e páncreas.[6] Este péptido pode activar o receptor GHSR e é por iso coñecido como a forma activa da ghrelina. A forma non octanoilada coñécese como desacil ghrelina ou forma inactiva (xa que non activa ao GHSR1a e, xa que logo, non libera a acil ghrelina similar á hormona do crecemento), aínda que diversos estudos mostraron que exerce os seus propios efectos.[14][15][16][17]Tamén se atoparon outras cadeas laterais distintas do octanoíl.[18]
Modo de acción
editarA ghrelina é a primeira hormona que promove o apetito que foi identificada. A ghrelina e as ghrelinas sintéticas (secretagogos da hormona do crecemento) incrementan o consumo de comida e a graxa corporal [19][20] actuando sobre o hipotálamo. Activan as células do núcleo arcuato [21][22] que inclúen as neuronas do neuropéptido Y orexixénico (NPY).[23] A resposta destas neuronas á ghrelina é sensible tanto á leptina coma á insulina.[24] A ghrelina tamén activa a conexión de recompensa colinérxica-dopaminérxica mesolímbica, un circuíto que comunica os aspectos pracenteros e reforzantes da recompensa natural, como a comida, e as drogas adictivas, como o etanol.[25][26][24]
Hai tamén fortes evidencias de que a ghrelina ten un efecto modulatorio do apetito periférico sobre a saciedade ao afectar á mecanosensibilidade dos aferentes vagais gástricos, facéndoos menos sensibles á distensión causada polo exceso de comida no aparato dixestivo.[7]
Relación coa obestatina
editarA obestatina é unha suposta hormona cuxa existencia foi proposta en 2005 e que foi descrita como unha hormona que diminuía o apetito. Tanto a obestatina coma a ghrelina están codificadas polo mesmo xene; o produto do xene cortaríase orixinando dúas hormonas peptídicas.[27] Pero a importancia fisiolóxica deste mecanismo non se coñece, e ningunha convertase secretora pode escindir o precursor recombinante cortándoo no residuo requirido para a xeración de obestatina; polo que a xeración fisiolóxica deste péptido é cuestionable.[28] Non se fixeron tampouco estudos bioquímicos sobre a obestatina circulante.
Funcións
editarTracto gastrointestinal
editarPropúxose que a ghrelina promove a proliferación das células intestinais e inhibe a súa apoptose durante os estados inflamatorios e o estrés oxidativo.[29][30] Tamén suprime os mecanismos proinflamatorios e aumenta os antiinflamatorios, polo que podería utilizarse terapeuticamente en casos de inflamacións gastrointestinais como colite e sepse.[31][31][32][32] Tamén ten capacidade rexenerativa das mucosas danadas do estómago.[33] A ghrelina tamén incrementa a motilidade do tracto gastrointestinal, igual que o fai a motilina. A ghrelina tamén parece promover a malignidade dos tumores gastrointestinais e pancreáticos.[34][35][36]
Desenvolvemento pulmonar
editarNos fetos parece que a ghrelina prodúcese nos pulmóns e promove o seu crecemento.[37]
Aprendizaxe e memoria
editarEstudos en modelos animais indican que a ghrelina pode entrar no hipocampo desde a circulación sanguínea, alterando as conexións nervio-célula, e mellorando a aprendizaxe e a memoria. Suxeriuse que se aprende mellor durante o día e cando o estómago está baleiro, xa que os niveis de ghrelina son maiores neses momentos.[38]
Depresión inducida polo estrés
editarEsta hormona podería axudar a contrarrestar os síntomas de depresión e ansiedade inducidas polo estrés,[39] o que foi estudado en ratos.[40]
Duración do sono
editarUn estudo [41] aparecido na revista PLoS Medicine suxire que a curta duración do sono está asociada con altos niveis de ghrelina e obesidade. Cando se incrementan as horas de sono, as concentracións de ghrelina son considerablemente máis baixas, reducindo potencialmente o apetito e diminuíndo a posibilidade de obesidade.
Importancia clínica
editarOs niveis de ghrelina no plasma sanguíneo dos obesos é menor ca nas persoas delgadas,[42] o que suxire que a ghrelina non contribúe á obesidade, excepto en casos de obesidade inducida pola síndrome de Prader-Willi, na que os niveis altos de ghrelina están correlacionados co incremento na inxestión de alimento.[43][44] As persoa que sofren do trastorno da alimentación anorexia nerviosa teñen niveis plasmáticos altos de ghrelina en comparación tanto coas persoas de constitución delgada coma de peso normal.[45] O uso de ghrelina nos pacientes de anorexia nerviosa incrementa o consumo de alimentos nun 12-36%.[46]
Yildiz e colegas encontraron que os niveis de ghrelina increméntase desde a medianoite ao mencer nas persoas máis delgadas, o que suxire a existencia dun defecto no sistema circadiano nas persoas obesas.[47] O profesor Cappuccio da Universidade de Warwick descubriu recentemente que a duración curta do sono pode levar tamén á obesidade, por medio do incremento do apetito debido a cambios hormonais. A falta de sono produce ghrelina, a cal estimula o apetito e crea menos leptina, a cal, entre os seus moitos outros efectos, suprime o apetito.
Os niveis de ghrelina son tamén altos en pacientes que teñen caquexia inducida polo cáncer.[48]
Polo menos un estudo atopou que a cirurxía de bypass gástrico non só reduce a capacidade do intestino por almacenar comida, senón tamén baixa drasticamente os niveis de ghrelina comparados coas persoas control delgadas ou coas persoas que perderon peso só por medio dunha dieta.[49]
A ghrelina a través do seu receptor incrementa a concentración de dopamina na substancia negra, unha rexión do encéfalo onde a dexeneración das células da dopamina orixina a enfermidade de Parkinson. Por tanto, a ghrelina podería aplicarse para atrasar o comezo da enfermidade de Parkinson.[50]
Vacina antiobesidade
editarRecentemente, desenvolveuse unha vacina antiobesidade, que está dirixida contra a hormona ghrelina nos roedores[51] e porcos.[52] A vacina utiliza o sistema inmunitario, concretamente os anticorpos, para unirse a obxectivos seleccionados, dirixindo a resposta inmunitaria do propio corpo contra eles. Isto impide que a ghrelina chegue ao sistema nervioso central, e produce así a desexada redución de peso.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 BUSCatermos ghrelina
- ↑ Sakata I, Sakai T (2010). "Ghrelin cells in the gastrointestinal tract". International Journal of Peptides 2010: 1. PMC 2925405. PMID 20798855. doi:10.1155/2010/945056.
- ↑ Inui A, Asakawa A, Bowers CY; et al. (2004). "Ghrelin, appetite, and gastric motility: the emerging role of the stomach as an endocrine organ". FASEB J. 18 (3): 439–56. PMID 15003990. doi:10.1096/fj.03-0641rev.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Müller TD, Nogueiras R, Andermann ML, Andrews ZB, Anker SD, Argente J, et al. (xuño de 2015). "Ghrelin". Molecular Metabolism 4 (6): 437–460. PMC 4443295. PMID 26042199. doi:10.1016/j.molmet.2015.03.005.
- ↑ 5,0 5,1 Kojima M, Hosoda H, Date Y, Nakazato M, Matsuo H, Kangawa K (1999). "Ghrelin is a growth-hormone-releasing acylated peptide from stomach". Nature 402 (6762): 656–60. PMID 10604470. doi:10.1038/45230.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Castañeda TR, Tong J, Datta R, Culler M, Tschöp MH. (2010). "Ghrelin in the regulation of body weight and metabolism". Front Neuroendocrinol. 31 (1): 44–60. PMID 19896496. doi:10.1016/j.yfrne.2009.10.008.
- ↑ 7,0 7,1 Page A, Slattery J, Milte C, Laker R, O'Donnell T, Dorian C, Brierley S, Blackshaw LA. (2007). "Ghrelin selectively reduces mechanosensitivity of upper gastrointestinal vagal afferents". Am J Physiol Gastrointest Liver Physiol. 292 (5): 1376–1384. PMID 17290011. doi:10.1152/ajpgi.00536.2006.
- ↑ "Hunger hormone tied to learning". Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2011. Consultado o 2007-06-01. at The Scientist
- ↑ Atcha, Z; Chen, WS; Ong, AB; Wong, FK; Neo, A; Browne, ER; Witherington, J; Pemberton, DJ. (2009). "Cognitive enhancing effects of ghrelin receptor agonists". Psychopharmacology (Berl). 206 (3): 415–27. PMID 19652956. doi:10.1007/s00213-009-1620-6.
- ↑ Xu X, Jhun BS, Ha CH, Jin ZG. (2008). "Molecular Mechanisms of Ghrelin-Mediated Endothelial Nitric Oxide Synthase Activation". Endocrinology. 149 (8): 4183–4192. PMC 2488251. PMID 18450953. doi:10.1210/en.2008-0255.
- ↑ Veldhuis, Johannes D.; Bowers, Cyril Y. (2010). "Integrating GHS into the Ghrelin System". International Journal of Peptides 2010: 1–40. ISSN 1687-9767. doi:10.1155/2010/879503.
- ↑ Howard AD, Feighner SD, Cully DF, Arena JP, Liberator PA, Rosenblum CI, Hamelin M; et al. (1996). "A receptor in pituitary and hypothalamus that functions in growth hormone release". Science 273 (5277): 974–7. PMID 8688086. doi:10.1126/science.273.5277.974.
- ↑ HGNC GHRL
- ↑ Bedendi I, Alloatti G, Marcantoni A, Malan D, Catapano F, Ghé C; et al. (2003). "Cardiac effects of ghrelin and its endogenous derivatives des-octanoyl ghrelin and des-Gln14-ghrelin". Eur J Pharmacol. 476 (1–2): 87–95. PMID 12969753. doi:10.1016/S0014-2999(03)02083-1.
- ↑ Broglio F, Gottero C, Prodam F, Gauna C, Muccioli G, Papotti M; et al. (2004). "Non-acylated ghrelin counteracts the metabolic but not the neuroendocrine response to acylated ghrelin in humans". J Clin Endocrinol Metab. 89 (6): 3062–5. PMID 15181099. doi:10.1210/jc.2003-031964.
- ↑ Gauna C, Delhanty PJ, Hofland LJ, Janssen JA, Broglio F, Ross RJ; et al. (2005). "Ghrelin stimulates, whereas des-octanoyl ghrelin inhibits, glucose output by primary hepatocytes". J Clin Endocrinol Metab. 90 (2): 1055–6. PMID 15536157. doi:10.1210/jc.2004-1069.
- ↑ Nakazato, Masamitsu; Kangawa, Kenji; Miyazato, Mikiya; Murakami, Noboru; Kawagoe, Takashi; Shimbara, Takuya; Mondal, Muhtashan S.; Date, Yukari; Sakurai, Takeshi (2006-05-01). "Des-Acyl Ghrelin Induces Food Intake by a Mechanism Independent of the Growth Hormone Secretagogue Receptor". Endocrinology (en inglés) 147 (5): 2306–2314. ISSN 0013-7227. doi:10.1210/en.2005-1357.
- ↑ Korbonits M, Goldstone AP, Gueorguiev M, Grossman AB. (2004). "Ghrelin--a hormone with multiple functions". Front Neuroendocrinol. 25 (1): 27–68. PMID 15183037. doi:10.1016/j.yfrne.2004.03.002.
- ↑ Lall S, Tung LY, Ohlsson C, Jansson JO, Dickson SL (2001). "Growth hormone (GH)-independent stimulation of adiposity by GH secretagogues". Biochem Biophys Res Commun 280 (1): 132–138. PMID 11162489. doi:10.1006/bbrc.2000.4065.
- ↑ Tschöp M, Smiley DL, Heiman ML (2000). "Ghrelin induces adiposity in rodents". Nature 407 (6806): 908–913. PMID 11057670. doi:10.1038/35038090.
- ↑ Hewson AK, Dickson SL. (2000). "Systemic administration of ghrelin induces Fos and Egr-1 proteins in the hypothalamic arcuate nucleus of fasted and fed rats". J Neuroendocrinol. 12 (11): 1047–1049. PMID 11069119. doi:10.1046/j.1365-2826.2000.00584.x.
- ↑ Dickson SL, Leng G, Robinson ICAF. (1993). "Systemic administration of growth hormone-releasing peptide activates hypothalamic arcuate neurons". Neuroscience 54 (2): 303–306. PMID 8492908. doi:10.1016/0306-4522(93)90197-N.
- ↑ Dickson SL, Luckman SM. (1997). "Induction of c-fos messenger ribonucleic acid in neuropeptide Y and growth hormone (GH)-releasing factor neurons in the rat arcuate nucleus following systemic injection of the GH secretagogue, GH-releasing peptide-6". Endocrinology. 138 (2): 771–777. PMID 9003014. doi:10.1210/en.138.2.771.
- ↑ 24,0 24,1 Hewson AK, Tung LY, Connell DW, Tookman L, Dickson SL. (2002). "The rat arcuate nucleus integrates peripheral signals provided by leptin, insulin, and a ghrelin mimetic". Diabetes. 51 (12): 3412–3419. PMID 12453894. doi:10.2337/diabetes.51.12.3412.
- ↑ Jerlhag E, Egecioglu, E, Dickson SL, Andersson M, Svensson L, Engel JA. (2004). "Ghrelin Stimulates Locomotor Activity and Accumbal Dopamine-Overflow via Central Cholinergic Systems in Mice: Implications for its Involvement in Brain Reward". Addiction Biology 11 (1): 45–54. PMID 16759336. doi:10.1111/j.1369-1600.2006.00002.x.
- ↑ Jerlhag E, Egecioglu E, Dickson SL, Douhan A, Svensson L, Engel JA. (2007). "Ghrelin administration into tegmental areas stimulates locomotor activity and increases extracellular concentration of dopamine in the nucleus accumbens". Addiction Biology 12 (1): 6–16. PMID 17407492. doi:10.1111/j.1369-1600.2006.00041.x.
- ↑ Zhang JV, Ren PG, Avsian-Kretchmer O, Luo CW, Rauch R, Klein C, Hsueh AJ (2005). "Obestatin, a peptide encoded by the ghrelin gene, opposes ghrelin's effects on food intake". Science 310 (5750): 996–9. PMID 16284174. doi:10.1126/science.1117255.
- ↑ Ozawa A, Cai Y, Lindberg I (2007). "Production of Bioactive Peptides in an In Vitro System". Anal Biochem 366 (2): 182–9. PMC 2128726. PMID 17540328. doi:10.1016/j.ab.2007.04.020.
- ↑ Waseem T, Duxbury M, Ito H, Rocha F, Lautz D, Whang E, Ashley SW, Robinson MK (2004). "Ghrelin ameliorates TNF-α induced anti-proliferative and pro-apoptotic effects and promotes intestinal epithelial restitution". Journal of the American College of Surgeons 199 (3 Supplement): 16. doi:10.1016/j.jamcollsurg.2004.05.018.
- ↑ Waseem T, Duxbury M, Ito H, Ashley SW, Robinson MK (2008). "Exogenous ghrelin modulates release of pro- and anti-inflammatory cytokines in LPS-stimulated macrophages through distinct signaling pathways". Surgery 143 (3): 334–42. PMC 2278045. PMID 18291254. doi:10.1016/j.surg.2007.09.039.
- ↑ 31,0 31,1 Gonzalez-Rey E, Chorny A, Delgado M (2006). "Therapeutic action of ghrelin in a mouse model of colitis". Gastroenterology 130 (6): 1707–20. PMID 16697735. doi:10.1053/j.gastro.2006.01.041.
- ↑ 32,0 32,1 Wu R, Dong W, Ji Y, Zhou M, Marini CP, Ravikumar TS, Wang P (2008). Gold, Jeffrey A., ed. "Orexigenic Hormone Ghrelin Attenuates Local and Remote Organ Injury after Intestinal Ischemia-Reperfusion". PLoS ONE 3 (4): e2026. PMC 2295264. PMID 18431503. doi:10.1371/journal.pone.0002026.
- ↑ Işeri SO, Sener G, Yüksel M, Contuk G, Cetinel S, Gedik N, Yegen BC (2005). "Ghrelin against alendronate-induced gastric damage in rats". J. Endocrinol. 187 (3): 399–406. PMID 16423819. doi:10.1677/joe.1.06432.
- ↑ Waseem T (2009). "Commentary: Ghrelin's role in gastrointestinal tract cancer". Surg Oncol 19 (1): e1. PMID 19324542. doi:10.1016/j.suronc.2009.02.014.
- ↑ Waseem T, Javaid-Ur-Rehman, Ahmad F, Azam M, Qureshi MA (2008). "Role of ghrelin axis in colorectal cancer: a novel association". Peptides 29 (8): 1369–76. PMID 18471933. doi:10.1016/j.peptides.2008.03.020.
- ↑ Duxbury MS, Waseem T, Ito H, Robinson MK, Zinner MJ, Ashley SW, Whang EE (2003). "Ghrelin promotes pancreatic adenocarcinoma cellular proliferation and invasiveness". Biochem. Biophys. Res. Commun. 309 (2): 464–8. PMID 12951072. doi:10.1016/j.bbrc.2003.08.024.
- ↑ Santos M, Bastos P, Gonzaga S, Roriz JM, Baptista MJ, Nogueira-Silva C, Melo-Rocha G, Henriques-Coelho T, Roncon-Albuquerque R Jr, Leite-Moreira AF, De Krijger RR, Tibboel D, Rottier R, Correia-Pinto J. (2006). "Ghrelin expression in human and rat fetal lungs and the effect of ghrelin administration in nitrofen-induced congenital diaphragmatic hernia". Pediatr Res 59 (4 Pt 1): 531–7. PMID 16549524. doi:10.1203/01.pdr.0000202748.66359.a9. Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2012. Consultado o 19 de xaneiro de 2012.
- ↑ Learning and memory stimulated by gut hormone | Science Blog
- ↑ Lutter M, Sakata I, Osborne-Lawrence S; et al. (June 15, 2008). "The orexigenic hormone ghrelin defends against depressive symptoms of chronic stress". Nat. Neurosci. 11 (7): 752–3. PMC 2765052. PMID 18552842. doi:10.1038/nn.2139.
- ↑ Newswise: Hunger Hormone Increases During Stress, May Have Antidepressant Effect Retrieved on June 18, 2008.
- ↑ Taheri S, Lin L, Austin D, Young T, Mignot E (2004). "Short Sleep Duration Is Associated with Reduced Leptin, Elevated Ghrelin, and Increased Body Mass Index". PLoS Med. 1 (3): e62. PMC 535701. PMID 15602591. doi:10.1371/journal.pmed.0010062.
- ↑ Cummings DE, Weigle DS, Frayo RS; et al. (2002). "Plasma ghrelin levels after diet-induced weight loss or gastric bypass surgery". N. Engl. J. Med. 346 (21): 1623–30. PMID 12023994. doi:10.1056/NEJMoa012908. Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2010. Consultado o 19 de xaneiro de 2012.
- ↑ Goldstone A, Thomas E, Brynes A, Castroman G, Edwards R, Ghatei M, Frost G, Holland A, Grossman A, Korbonits M, Bloom S, Bell J (2004). "Elevated fasting plasma ghrelin in prader-willi syndrome adults is not solely explained by their reduced visceral adiposity and insulin resistance". J Clin Endocrinol Metab 89 (4): 1718–26. PMID 15070936. doi:10.1210/jc.2003-031118. Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2011. Consultado o 19 de xaneiro de 2012.
- ↑ DelParigi A, Tschöp M, Heiman ML, Salbe AD, Vozarova B, Sell SM; et al. (Dec 2002). "High circulating ghrelin: a potential cause for hyperphagia and obesity in prader-willi syndrome". J Clin Endocrinol Metab. 87 (12): 5461–4. PMID 12466337. doi:10.1210/jc.2002-020871. Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2013. Consultado o 19 de xaneiro de 2012.
- ↑ Germain N, Galusca B, Le Roux CW; et al. (1 April 2007). "Constitutional thinness and lean anorexia nervosa display opposite concentrations of peptide YY, glucagon-like peptide 1, ghrelin, and leptin". Am. J. Clin. Nutr. 85 (4): 967–71. PMID 17413094.
- ↑ Hotta M, Ohwada R, Akamizu T, Shibasaki T, Takano K, Kangawa K (2009). "Ghrelin increases hunger and food intake in patients with restricting-type anorexia nervosa: a pilot study". Endocrine Journal 56 (9): 1119–28. PMID 19755753. doi:10.1507/endocrj.K09E-168.
- ↑ Yildiz B, Suchard M, Wong M, McCann S, Licinio J (2004). "Alterations in the dynamics of circulating ghrelin, adiponectin, and leptin in human obesity". Proc Natl Acad Sci USA 101 (28): 10434–9. PMC 478601. PMID 15231997. doi:10.1073/pnas.0403465101.
- ↑ Garcia J, Garcia-Touza M, Hijazi R, Taffet G, Epner D, Mann D, Smith R, Cunningham G, Marcelli M (2005). "Active ghrelin levels and active to total ghrelin ratio in cancer-induced cachexia". J Clin Endocrinol Metab 90 (5): 2920–6. PMID 15713718. doi:10.1210/jc.2004-1788. Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2010. Consultado o 19 de xaneiro de 2012.
- ↑ Cummings D, Weigle D, Frayo R, Breen P, Ma M, Dellinger E, Purnell J (2002). "Plasma ghrelin levels after diet-induced weight loss or gastric bypass surgery". N Engl J Med 346 (21): 1623–30. PMID 12023994. doi:10.1056/NEJMoa012908.
- ↑ Andrews ZB, Erion D, Beiler R, Liu ZW, Abizaid A, Zigman J, Elsworth JD, Savitt JM, DiMarchi R, Tschoep M, Roth RH, Gao XB, Horvath TL (2009). "Ghrelin promotes and protects nigrostriatal dopamine function via an UCP2-dependent mitochondrial mechanism". J. Neurosci. 29 (45): 14057–65. PMC 2845822. PMID 19906954. doi:10.1523/JNEUROSCI.3890-09.2009.
- ↑ Zorrilla EP, Iwasaki S, Moss JA, Chang J, Otsuji J, Inoue K, Meijler MM, Janda KD (2006). "Vaccination against weight gain". Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. 103 (35): 13226–31. PMC 1559781. PMID 16891413. doi:10.1073/pnas.0605376103.
- ↑ Vizcarra JA, Kirby JD, Kim SK, Galyean ML. (2007). "Active immunization against ghrelin decreases weight gain and alters plasma concentrations of growth hormone in growing pigs". Domest Anim Endocrinol. 33 (2): 176–89. PMID 16793235. doi:10.1016/j.domaniend.2006.05.005.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Bown R (2006-09-03). "Ghrelin". Pathophysiology of the Endocrine System. Colorado State University. Arquivado dende o orixinal o 12-05-2008. Consultado o 19-01-2012.
- Nixon R (2008-07-14). "Feeling hungry can make you happy". Mental health. MSNBC.com. Consultado o 19-01-2012.
- Shea C (2006-12-10). "Empty-Stomach Intelligence". New York Times. Consultado o 19-01-2012.