Germán Muiños Lamas

futbolista galego


Germán Muíños Lamas, nado en Redondela o 9 de outubro de 1943, é un exfutbolista galego que xogaba na demarcación de dianteiro.

Modelo:BiografíaGermán Muiños Lamas
Nome orixinalGermán Muíños Lamas
Biografía
Nacemento9 de outubro de 1943
Redondela, España Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeGalicia Galicia
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Racing de Ferrol
  Celta de Vigo

Traxectoria

editar

Formouse futbolisticamente no CD Choco, de Redondela. En 1962 foi traspasado ao SD Ponferradina onde so xogou media tempada, cun balance de 13 goles en 16 encontros, estes bos números fixeron que fichase polo Celta de Vigo en 1963. Debutou aos poucos días anotando dous goles ante o CE Sabadell.

Esa primeira tempada disputou 11 encontros e anotou catro goles. Pese a esta boa media, o ano seguinte non contou moito para o adestrador Joseíto e disputou só nove encontros; porén volveu demostrar olfacto goleador e anotou seis goles, co que foi, xunto a Téllez, o máximo goleador do equipo.

Na súa terceira e última tempada no equipo só xogou un encontro e ao final desta o equipo deulle a baixa. Unha vez libre, fichou polo SD Compostela, equipo no que recibiu o Trofeo Veloso coma máximo goleador de Terceira División con 38 goles. Isto valeulle volver a Segunda División ao fichar polo Racing de Ferrol; xogou no equipo ferrolán cinco tempadas e deixou o club tras xogar un ano en Terceira División. Durante estes anos o equipo chegou a cuartos de final da Copa do Rei ante o Valencia CF.

En 1973 fichou polo Albacete Balompié, que xogaba na Rexional Preferente, onde disputou a súa última tempada como profesional.

Vida persoal

editar

Formaba parte dunha familia de deportistas: o seu fillo, Germán Muíños, tamén foi deportista de elite e despuntou no mundo do balonmán; xogou na liga ASOBAL no Caja Madrid, SD Teucro e Octavio Pilotes Posada (1994-1998).

O seu irmán Gonzalo tamén foi futbolista, en equipos como CD Choco, Cultural Leonesa ou CD Lemos. O seu primo, Carlos Muiños, tamén xogou no Celta de Vigo na tempada 1960/61

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar