A gasosa[1] é unha bebida carbonatada, efervescente e sen alcohol. Estas bebidas son consumidas polo xeral en frío, para ser máis refrescante e para evitar a perda de dióxido de carbono, o que dá a efervescencia. Ofrécense varios sabores de refrixerante, entre outros, cola, laranxa, limón, lima, uva e cereixa. A auga con dióxido de carbono produce un equilibrio químico co ácido carbónico:

Un vaso de cola con cubiños de xeo.
H 2 O+CO 2 < ----> H 2 CO 3
H 2 CO 3 < ----> H ++HCO 3 -
HCO 3 - < ----> H ++CO 3 -

Historia

editar

A fabricación de bebidas carbonatadas comeza en Nova York, en 1832, cando John Matthews inventou un dispositivo para mesturar auga con dióxido de carbono, e ademais engadir algún sabor.

Grazas á popularidade da bebida nacen negocios que mestura a auga carbonatada con sabores da súa elección, chamados fontes de refrixerante. Sabores, como laranxa, limón, uvas foron moi populares. Naquela época, a gasosa tamén se vendía en farmacias como medicina para curar varias doezas.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para gasosa.