Garaxe
Un garaxe[1] ou unha cocheira[2] é un espazo cuberto e pechado con chave para gardar vehículos. Nunha vivenda unifamiliar dunha poboación ou nunha zona residencial adóitase facer unha distribución da casa ou dos chalés de xeito que haxa un local para gardar os coches ou para almacenar outras cousas.
Os bloques de apartamentos acostuman ter un garaxe comunitario onde se pode mercar ou alugar unha praza de estacionamento nun andar do aparcadoiro.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para garaxe.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cocheira.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Garaxe |