Segundo a concepción lineal do tempo que teñen os seres humanos, o futuro é a porción da liña temporal que aínda non sucedeu; noutras palabras, é unha conxectura que ben pode ser especulada, postulada, teorizada e/ou calculada a partir de datos nun instante de tempo concreto.

A Pantasma dos Nadais Futuros mostra a Scrooge o seu futuro no libro Un conto de Nadal, de Charles Dickens.

O futuro na ciencia

editar

En física denomínase futuro dun suceso A, ó conxunto de todos os puntos do espazo-tempo que poidan ser influídos polo que ocorre en A.

En mecánica clásica o futuro dun suceso non depende da súa posición espacial sendo función unicamente da súa posición no tempo, polo que o futuro dun suceso A coincide co de todos os sucesos que comparten a mesma coordenada temporal con A.

En relatividade especial o futuro dun suceso A é equivalente a todos os puntos do espazo-tempo polos que pode pasar un raio de luz que parte desde o punto A. Nun diagrama de espazo-tempo o futuro dun suceso vese como un cono polo que tamén se lle denomina cono de luz. Cada un dos sucesos pertencentes ó cono de luz futuro do punto A, ocorre despois que A para todos os observadores. Sería o lugar do espazo-tempo no que xacen os acontecementos que aínda non ocorreron. Neste sentido, o futuro é oposto ó pasado (conxunto de feitos que sucederon) e o presente (o que ocorre agora).

En mercados financeiros un futuro é un contrato polo que se negocia no momento presente unha transacción que deberá liquidarse nun prazo coñecido, pero futuro e a un prezo determinado no presente. Os futuros financeiros son unha ferramenta inicialmente creada para cubrir riscos na entrega de materias primas como o petróleo e recursos fósiles non renovables.