Franco Cervi

futbolista arxentino

Franco Cervi, nado en San Lorenzo (Provincia de Santa Fe, Arxentina) o 26 de maio de 1994, é un futbolista arxentino que xoga como centrocampista no Real Club Celta de Vigo da Primeira división española de fútbol. O seu primeiro club foi Rosario Central. Posteriormente fichou polo Benfica portugués, que finalmente o traspasou ao conxunto celeste.

Modelo:BiografíaFranco Cervi

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de maio de 1994 Editar o valor en Wikidata (30 anos)
San Lorenzo, Arxentina (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura167 cm Editar o valor en Wikidata
Peso60 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade9 de novembro de 2014 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoExtremo esquerdo Editar o valor en Wikidata
Número deportivo22 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
–2021 Sport Lisboa e Benfica
2014–2015 Club Atlético Rosario Central
2021–   Celta de Vigo

UEFA: 250101112 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Rosario Central

editar

Debutou na Primeira División de Arxentina o 9 de novembro de 2014, nun encontro de liga fronte a Estudantes da Prata ingresando aos 79' en substitución do xogador Hernán Aciñeira, partido que finalizou 1-0 en contra do seu equipo. Posteriormente, xogou dous partidos máis: o primeiro contra Racing Club de titular, no cal Rosario Central foi derrotado por tres tantos contra ningún,​ e o segundo xogouno contra Club Atlético Banfield de titular, nun partido no que Rosario Central venceu por tres goles contra dous. Debido ás súas grandes actuacións e a chegada ao club de Eduardo Coudet atopou continuidade no equipo e sendo unha das pezas chave.

O 17 de marzo de 2016 meteu o seu primeiro gol internacional coa camiseta do canalla na vitoria 3 a 1 contra River Plate de Montevideo pola Copa Liberadores.

Benfica

editar

O 14 de setembro de 2015 asinou contrato co Sport Lisboa e Benfica de Portugal por 5,290 millóns de dólares polo 90% do pase para xogar a partir de xuño de 2016.

No seu debut oficial, converteu na vitoria por 3 a 0 fronte ao Sporting Braga pola Supercopa de Portugal.

O 13 de setembro de 2016 debutou na liga de Campións da UEFA, anotando un gol de rebote causado polo seu compatriota Eduardo Salvio.

Após de cinco anos na entidade lisboeta, o 5 de xullo de 2021 foi traspasado ao R. C. Celta de Vigo.[1]

O 12 de setembro marcou o seu primeiro gol co conxunto vigués na estrea do novo Santiago Bernabéu, onde se deron cita o Real Madrid e o Real Club Celta de Vigo no partido correspondente á xornada 4 da Liga.

Palmarés

editar

Campionatos nacionais

editar
Título Club País Ano
Supercopa de Portugal S. L. Benfica   Portugal 2016
Primeira Liga 2017
Copa de Portugal 2017
Supercopa de Portugal 2017
Primeira Liga 2019
  1. "Franco Cervi se convierte en la primera incorporación del Celta de Vigo.". rccelta.es (en castelán). Consultado o 4 de agosto de 2024.