Fotónica

a ciencia da xeración, o control e a detección de fotóns

A fotónica é a ciencia da xeración, o control e a detección de fotóns, maiormente no espectro visible e infravermello próximo, pero que tamén se estende a outras porcións do espectro que abranguen o ultravioleta (lonxitudes de onda de 0,2 - 0,35 µm), infravermello de onda longa (8 - 12 µm) e infravermello afastado (75 - 150 µm), onde actualmente se están a desenvolver de xeito activo o láser de fervenza cuántica. A fotónica xorde como resultado dos primeiros semicondutores emisores de luz inventados a principios de 1960 en General Electric, MIT Lincoln Laboratory, IBM, e RCA, e feitos factibles na práctica por Zhores Alferov e Dmitri Z. Garbuzov, e colaboradores que traballaban no Ioffe Physico-Technical Institute, e case simultaneamente por Izuo Hayashi e Mort Panish, que traballaban nos Bell Telephone Laboratories.

Do mesmo xeito que as aplicacións da electrónica se ampliaron de maneira contundente desde que se inventou o primeiro transistor en 1948, seguen a aparecer novas aplicacións particulares da fotónica. As que se consideran aplicacións consolidadas e economicamente importantes dos dispositivos fotónicos de semiconductores abranguen: almacenamento óptico de datos, telecomunicacións por fibra óptica, impresión láser (baseada na xerografía), visualizadores e bombeo óptico en láseres de alta potencia. As aplicacións potenciais da fotónica son virtualmente ilimitadas e abranguen a síntese química, o diagnóstico médico, a comunicación de datos on-chip, a defensa con armas láser e a obtención de enerxía mediante fusión, entre outras aplicacións interesantes.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.