Forbes é unha revista publicada nos Estados Unidos, especializada no mundo dos negocios e as finanzas. Foi fundada no ano 1917 por B.C Forbes.[1][2] Cada ano publica listaxes que espertan grande interese no eido dos negocios como Forbes 400, Forbes 500 e Fortune 500. A súa sede central atópase na Quinta Avenida de Nova York. Anualmente e dende 1986, a revista Forbes publica a súa listaxe das persoas máis adiñeiradas do mundo (The World's Richest People). A revista publicou tamén outras listaxes relacionadas, como a de personaxes de ficción millonarios, listaxes de compañías segundo os seus beneficios, persoas ricas por países o por sectores económicos, entre outras.

Forbes
PaísEstados Unidos de América
LugarNova York
Lingualingua inglesa, lingua rusa, lingua xeorxiana, lingua polaca, lingua coreana, lingua portuguesa, lingua xaponesa, lingua chinesa, lingua estoniana e lingua árabe
Fundación15 de setembro de 1917
FundadorBertie Charles Forbes e Walter Drey
Primeira edición15 de setembro de 1917
EditorialForbes
Circulación
Frecuencia14 días
ISSN0015-6914
OCLC01569688
Na rede
https://www.forbes.com
Facebook: forbes Twitter: Forbes Instagram: forbes Youtube: UCmh7afBz-uWwOSSNTqUBAhg Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]
  1. Gorman, Robert F. (2007). "September 15, 1917: Forbes Magazine is founded" The Twentieth Century, 1901–1940 (Volume III). pp. 1374–1376. ISBN 978-1-58765-327-8. 
  2. "Media Kit 2013" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05/11/2014. Consultado o 2 de xaneiro de 2016. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar