Festa dos Reis na Mezquita
A Festa dos Reis é unha festividade, incluída dentro dos festexos do entroido, que se celebra nos primeiros días de xaneiro nalgunhas aldeas do concello da Mezquita.
Características
editarO calendario festivo consta de cinco xornadas, que poden variar en nome e data:
- Cantar os reis: o primeiro día anúnciase a festa cantando coplas tradicionais diante das vivendas das aldeas.
- O día de pedir: neste segundo día, os zamarreiros chaman ás portas das casas para pedir o aguinaldo. A veciñanza adoita axudar a festa con carne de porco, froita, licores ou mesmo cartos.
- Os invitados: convídase a comer ós persoeiros da aldea (tradicionalmente o alcalde, o médico, o secretario e mailo cura) así como ós convidados dos participantes na festa e ós homes que deron un bo aguinaldo.
- A corrida do galo: no cuarto día, subidos a burros ou cabalos, os mozos da festa sacrificaban os galos, tirándolles da cabeza, mentres están pendurados dunha corda polas patas.
- A parranda: faise unha procesión onde figuran un rei e un vicerrei, disfrazados con barba, coroa e capa. Pola noite escóllense os reis para os dous anos seguintes.
Ademais, chámaselle oficio á tarefa que teñen que desenvolver algúns membros da comunidade durante a festa: habitualmente son os máis novos ou aqueles que destacan por teren algunha habilidade concreta. Por exemplo, os que son bos tratantes son os encargados de comprar os galos. Sen o correcto cumprimento dos oficios sería totalmente imposible a realización da festa pois os reis non serían capaces de facelo todo. Para os máis mozos supón unha metáfora da súa incorporación activa á vida da aldea. Algúns oficios son o de zamarreiro, o de roubar as verzas, o de arrincar os torgos, o de camareiro ou o de burriqueiro.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Elijio Rivas, José Rodríguez Cruz: Terra das Frieiras, Ourense: Deputación Provincial , 2002 ISBN. 84-96011-07-0
- O Sil. Decembro 2008. Especial Nadal 2008. Edición impresa.
- La Región, 24 de xaneiro de 2010, Suplemento Vida, páxina 26. "Tradicional Fiesta de Reyes en A Mezquita"
- Xerardo Dasairas: O Entroido en Terras de Monterrei. Edicións do Cumio, 1990.
Ligazóns externas
editar- "A Festa dos Reis da Mezquita, a primeiros de xaneiro, presenta relacións con ritos do Entroido", artigo en O Sil, 7 de febreiro de 2005.
- "A Festa dos Reis da Mezquita, a primeiros de xaneiro, presenta elementos propios do Entroido", artigo en O Sil, 6 de marzo de 2006.
- "A Festa dos Reis reuniu a comenzos de ano a medio cento de veciños da Mezquita en torno á festa", artigo en O Sil, 1 de febreiro de 2008.