Fago é un concello da provincia de Huesca, situado na parte máis occidental da bisbarra da Xacetania. É un dos concellos máis pequenos de Aragón, e segundo o padrón de 2012 tiña 29 habitantes, o que supuxo un aumento en relación a 2010, cando contaba con 26 habitantes.

Modelo:Xeografía políticaFago
Imaxe

Localización
Mapa
 42°44′07″N 0°51′56″O / 42.735277777778, -0.86555555555556
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAragón
ProvinciaProvincia de Huesca Editar o valor en Wikidata
CapitalFago Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación26 (2023) Editar o valor en Wikidata (0,52 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie50,366894 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude888 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataEnrique Barcos Barcos (en) Traducir (2007–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal22729 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE22106 Editar o valor en Wikidata

Páxina webfago.es Editar o valor en Wikidata
BNE: XX461477

Xeografía

editar

Situado á beira do río Majones, próximo ao lindeiro con Navarra e próximo á localidade de Ansó. Todo o seu casco urbano pode ser considerado conxunto artístico.

É unha poboación característica da montaña pirenaica, con rúas empedradas e afortunados exemplos de arquitectura civil: empinados tellados, chemineas troncocónicas e balconadas con arrequintadas varandas de madeira.

Demografía

editar

Evolución da poboación de Fago:

Historia

editar

A súa igrexa parroquial é do século XVI, malia a conservar detalles de épocas anteriores, tales como o crismón románico que realza o adro e posúe unha boa colección de retablos románicos.

Pasou a ser coñecida o 13 de xaneiro de 2007, cando apareceu morto o alcalde da localidade, Miguel Grima. Apareceu morto nun cavorco con impactos de arma de fogo.[Cómpre referencia] Foi detido o veciño Santiago Mainar, rival político e hostaleiro do finado que fixera públicas en diferentes ocasións as súas diferenzas.[Cómpre referencia] O 3 de febreiro declárase culpábel.[Cómpre referencia] O caso foi levado á ficción televisiva co título de Fago (2008).