Exfoliación
páxina de homónimos de Wikimedia
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
O termo exfoliación,[1][2] do latín científico exfoliātiōn, acción ou efecto de exfoliāre, "caer as follas", "separación en follas, escamas ou láminas", derivado dos elementos do latín clásico ex-, "que procede de", "fóra de", e folium, -ii, "folla",[3][4][5] pode referirse a:
- En botánica, a exfoliación é a remoción ou perda de follas dunha planta ou o descascado da codia dun tronco.
- En cosmética,[6] a exfoliación consiste en erosionar deliberadamente as capas superficiais mortas (escamas) das células da epiderme.
- En dermatoloxía, a exfoliación designa a perda das capas superficiais da epiderme (a capa córnea) en forma de pequenas películas chamadas escamas.
- En mineraloxía, a exfoliación é a propiedade de certos minerais de dividírense en láminas paralelas ás caras cristalográficas.
- En petroloxía, a exfoliación é a separación de varias capas dunha rocha, sen que esta rocha sexa necesariamente de orixe sedimentaria. Por exemplo, este fenómeno dase no granito.
- Na ciencia dos materiais, a exfoliación é o desprendemiento dunha capa delgada dun material. O grafeno, material composto por un único plano de átomos de carbono pode, por exemplo, ser fabricado por exfoliación.
Véxase tamén
editar- Exfoliación, en Intercalación (química)
Notas
editar- ↑ exfoliación no Dicionario da RAG.
- ↑ exfoliar no Dicionario da RAG.
- ↑ exfoliation en Dictionary.com (en inglés).
- ↑ exfoliation en Online Etymology Dictionary (en inglés).
- ↑ exfoliate no Merriam-Webster's Unabriged Dictionary (en inglés).
- ↑ cosmética no Dicionario da RAG.