Euromed
Euromed é o nome comercial dun servizo ferroviario de alta velocidade prestado por Renfe Operadora entre as cidades de Barcelona, Tarragona, Castelló de la Plana, Valencia e Alacant.
Historia
editarCoa construción da primeira liña de alta velocidade en España entre Madrid e Sevilla encargáronse a Alstom 24 trens para prestar os servizos nesta liña. Estes trens terían o largo de vía da alta velocidade (1435 mm) que é diferente ao ancho de vía da maioría da rede ferroviaria española (1668 mm).
Posteriormente chegaríase á conclusión de que a cantidade era excesiva, polo cal decidiuse deixar 18 trens para ser usados na liña de alta velocidade (Renfe denominounos "Serie 100") e transformar os restantes 6 trens para que puidesen circular polo resto da rede española polo que se reemplazon a súa bogies orixinais por outros de 1668 mm (Renfe denominounos "Serie 101").
Con estes 6 trens decidiuse prestar un servizo de "gran calidade" na zona do Mediterráneo que se denominou comercialmente Euromed.
O 16 de xuño de 1997 inaugurouse comercialmente o servizo Euromed entre as cidades de Barcelona, Tarragona, Castelló de la Plana, Valencia e Alacant (523 km).
Material Rodante
editarSerie 101 de Renfe
editarO servizo foi prestado inicialmente con trens da serie 101. Estes trens son idénticos aos da serie 100 de AVE pero cuxos bogies foron substituídos por outros de largo de vía ibérico (1668 mm) en lugar dos bogies en largo UIC (1435 mm).
Os unidades da serie 101 son bitensión, aptos para 3000 V en corrente continua (electrificación dispoñible na maioría das liña clásicas españolas) e para 25000 V a 50 Hz en corrente alterna (electrificación das liñas de alta velocidade.
A velocidade comercial destes trens é de 220 km/h limitada polas características das liñas polas que circula (os trens son capaces de desenvolver os 300 km/h e en probas chegouse a exceder os 250 km/h en liñas clásicas).
As seis unidades desta serie prestaron o servizo Euromed desde o seu inicio.
O 1 de novembro deixan de prestar servizo Euromed con trens desta serie, polo tanto os series 101 serán transformados a serie 100 para reforzar as rutas mais concorridas e rendibles.
Serie 130 de Renfe
editarDesde 2008 estase substituíndo paulatinamente o material rodante utilizado para prestar o servizo Euromed por trens da serie 130 e reconvertendo os trens da serie 101 en serie 100 para que presten servizos nas liñas de alta velocidade.
O 2 de novembro todos os servizos Euromed son prestados por trens desta serie.
Servizo prestado
editarHai trens con orixe/destino Alacant-Terminal e outros con orixe/destino València-Nord, parando sempre no resto de estacións do percorrido.
Barcelona-Sants Tarragona Castelló de la Plana Valencia-Joaquín Sorolla Alacant-Terminal |
Tamén existe un servizo que circula diariamente, só en dirección Valencia:
Figueres-Vilafant Xirona Barcelona-Sants Tarragona Castelló de la Plana Valencia-Joaquín Sorolla Alacant-Terminal |