A esterilidade[1] é unha cualidade atribuíbel a aqueles organismos biolóxicos que non se poden reproducir, ben sexa debido ao mal funcionamento dos seus órganos sexuais ou a que os seus gametos son defectuosos. As causas da esterilidade son diversas e varían en función do sexo.

Causas da esterilidade na especie humana

editar

No especie humana as causas da esterilidade débense nun 65% dos casos a causas femininas, outro 25% das veces a causas masculinas, un 10 % das veces a causas que non son nin masculinas nin femininas senón que son combinadas cando se pon en contacto o seme masculino co moco cervical feminino, o que se denomina "incompatibilidade moco-seme". Por último, existe un 15% de casos nos cales aparece unha esterilidade e non se descobre unha causa etiolóxica, o que de denomina "esterilidade sen causa aparente (ESCA).

Porén, algo que ocorre frecuentemente é que exista máis dunha causa que desemboca na esterilidade e se suman máis dunha causa feminina asociada a unha masculina; no referente á muller, as causas poden ser a falta de ovulación por cuestións hormonais, malformacións nos órganos sexuais, radiacións nocivas, secuelas de enfermidades tales como a tuberculose ou a gonococia e a existencia de quistes, fibromas ou pólipos. Os factores tóxicos que ocasionan disrupción hormonal reciben pouca atención pero teñen unha relevancia crecente, desde os presentes no ámbito doméstico até no laboral e no medio ambiente xeral. Outra causa importante de infertilidade feminina é o peso da muller. Teñen menos posibilidades de coniebir tanto as mulleres cun índice de masa corporal superior a 29 (sobrepeso, achegado a obesidade leve) como as que teñen un índice de masa corporal inferior a 19 (achegado a desnutrición ou problema de saúde).

En canto ao home, unha das causas frecuentes é de orige xenética: se se produce unha trisomía nalgún par de xenes do ADN, esta maniféstase con efectos xeralmente desfavorábeis, como poden ser a Síndrome de Klinefelter; s esterilidade é, por exemplo, unha das manifestacións desta síndrome. Outras causas poden ser a produción dunha cantidade de seme por debaixo do necesario para fecundar o óvulo, a mobilidade defectuosa dos espermatozoides aínda que o seu número sexa adecuado, a obstrución dos condutos polos que transitan, a disfunción eréctil, secuelas de enfermidades como as parotidites, a varicocele, as radiacións nocivas (ionizantes e non ionizantes), o cafeísmo e o alcoholismo.


 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.