Estación de Hendaia
A estación de Hendaia (en francés: gare d'Hendaye) é a principal estación ferroviaria da localidade de Hendaia, en Francia. É unha estación internacional situada moi preto da fronteira francoespañola e por ela circulan trens operados por SNCF e Renfe.
Hendaia | |
---|---|
Situación | Hendaia (Francia) |
Liñas | |
Alta velocidade | TGV |
Longa Distancia | Alvia, Trenhotel, Intercity, Intercités |
Media distancia | TER |
Situación ferroviaria
editarA estación de Hendaia forma unha parella xunto coa estación de Irún, situada a 500 metros e separada polo río Bidasoa. A rede de ancho europeo (1.435 mm) chega a Hendaia e continúa para finalizar en Irún, mentres que a rede de ancho español (1.668 mm) chega a Irún e continúa para finalizar en Hendaia. O tramo entre ambas as estacións dispón de vías nos dous anchos.
Pola rede francesa, a estación atópase no punto quilométrico 232,797 da liña Bordeos-Irún mentres que na rede española é o pk 641,6 da liña Madrid-Hendaia.
A SNCF e Renfe Operadora teñen un acordo mediante o cal os trens de cada compañía atravesan a fronteira ata a seguinte estación para deixar viaxeiros, pero non para recollelos. Así, os trens en dirección Francia inician e finalizan percorrido en Hendaia, e os trens dirección España inician e finalizan percorrido en Irún. Os trens que cruzan a fronteira para deixar viaxeiros volven sen carga á estación situada alén. Os trens rexionais non chegan a atravesar a fronteira, polo que non existe posibilidade de ligazón entre os rexionais de ambas as redes.
O último tren de pasaxeiros que realizaba un percorrido pasante foi o Trenhotel «Francisco de Goya», tren nocturno entre Madrid-Chamartín e París-Austerlitz suprimido en 2013. Compoñíase dunha rama tipo Talgo, cuxos rodais desprazábanse nun cambiador de ancho para pasar da rede española á francesa e viceversa. No pasado tamén se utilizou para trens de pasaxeiros o cambio de eixos, que actualmente só se emprega para trens de mercadorías. Así mesmo existen instalacións para a manipulación de mercadorías e a súa transbordo entre trens españois e franceses.
Servizos ferroviarios
editarOperados por SNCF
editar- TGV con destino París e Lille.
- Intercités con destino Bordeos, Tolosa, París e Xenebra.
- Trens rexionais con destino Bordeos.
Operados por Renfe
editarActualizado a 26 de xullo de 2016.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación de Hendaia |
- Información na páxina web de SNCF Arquivado 15 de xullo de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)