Coca (planta)
Coca | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Planta de coca | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Erythroxylum coca Lam. 1786 | |||||||||||||||
Variedades | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
A coca (Erythroxylum coca) (en quechua:kuka) é unha planta suramericana da familia das Eritroxiláceas orixinaria dos escarpados contrafortes dos Andes amazónicos, principalmente de Bolivia e do Perú.
Descrición
editarTen porte arbustivo/arbóreo e pode ficar frondosa, as súas flores son amarelo abrancazadas, pequenas e aromáticas, solitarias ou reunidas en cimeiras, os froitos drupáceos oblongos, vermellos, e cuxas follas posúen 14 alcaloides, e dentre eles a cocaína.
Compoñentes
editarO extrato de coca posúe diversos compostos orgánicos e inorgánicos, como na maioría da plantas. Hai proteínas, vitaminas, carbohidratos, graxas, fibras, calcio, fósforo e ferro, entre outros oligoelementos. As propiedades analxésicas da coca foron descubertas polos incas e até hoxe as súas follas son comumente mascadas na rexión dos Andes. Os efectos do alcaloide (cocaína) poden aplacar a fame e a fatiga.[2]
A cantidade de cocaína contida nas follas frescas comporta só uns 0,8 %. Ademais desta substancia, as follas da coca presentan outros alcaloides como metilecgoninca, benzoilecgnoninca, ecgonina e nicotina.
A absorción da cocaína é moito menos rápida e eficiente que as formas purificadas da cocaína e non causa os mesmos efectos psicoactivos e eufóricos asociados co uso da droga. A adicción ou outros efectos nocivos do consumo da folla na súa forma natural, non se teñen documentado.
Refrescos
editarAlgúns refrescos, como Coca-Cola, utilizan extracto de especies do mesmo xénero Erytroxylum, con menores contidos de cocaína, e outros imitaban a súa composición. Porén, tales refrescos pasaron a ser producidos de "noz de cola" e non posúen folla de coca na súa formulación.
A confusión sobre o contido do refresco Coca-Cola, e até mesmo sobre a súa formulación, débese ao feito de ter sido este o refresco precursor do uso da cocaína como medicamento antiemético, isto é, contra náuseas, vómito e diarrea. No inicio, Coca-Cola era "remedio", contiña vestixios da droga e o seu uso era indicado sempre despois das comidas. O farmacéutico John Pemberton, inventor de Coca-Cola, logo mudou o extracto do "remedio", visto o éxito nas vendas, que se mantén até hoxe.
Notas
editar- ↑ Sinónimos en Tropicos
- ↑ Flávia Campos Bahls, Saint-Clair Bahls; Cocaína: origens, passado e presente Arquivado 12 de xullo de 2013 en Wayback Machine.; Interação em Psicologia, 2002, 6(2), p. 177-181
Véxase tamén
editarBibliografía
editarABDUCA, R.G. Poder y consumo - en torno a la hoja de coca (argentina 1924-1990). In.: V° Congreso Argentino de Antropología Social en <https://web.archive.org/web/20150510002350/http://www.naya.org.ar/congresos/contenido/laplata/LP1/16.htm>. La Plata, 29 de xullo ao 1° de agosto de 1997.
ABDUCA, R.G. El cargador resistente, la coca y la cocaína. NosotroslosOtros, n. 4. Bos Aires, 1999.
CASTRO DE LA MATA, Ramiro. Inventario de la coca. Editora Cedro, Lima, 2003.
BLICKMAN, Tom. Los mitos de la coca - Drogas y Conflicto Nr. 17, xuño de 2009
CÁCERES SANTA MARÍA, Baldomero (2005). "Coca: apuntes críticos sobre investigaciones recientes". Debate agrario (39): 189–211. ISSN 1017-9011.
CASTRO DE LA MATA, Ramiro. Inventario de la coca. Editora Cedro, Lima, 2003.
ESCOHOTADO, Antonio (1999). Historia general de las drogas. Espasa Calpe Mexicana. ISBN 84-239-9739-1.
HENMAN, Anthony Richard (2005). "La coca como planta maestra: reforma y nueva ética". Debate agrario (39): 267–278. ISSN 1017-9011. HENMAN, Anthony METAAL, Pien JELSMA, Martin e outros. Coca sí, cocaína no. in Transnational Institute HURTADO FUENTES, Ciro. Harina de Coca. Solucion prodigiosa del hambre-malnutricion en el Perú y países Andinos.
GALVEZ, JLD. Si no hay coca no hay vida (por Angelica Pinedo Vda. De Zabala) y La Raymundita se esta casando (por Raymunda Rey Pérez).
PETTERSSON, Bjorn e MACKAY Lesley. Violaciones a los derechos humanos causadas por la "Guerra contra las Drogas" en Bolivia. Red Andina de Información, Bolivia, 1993.
ROJAS, TL, CHUMBE, EF; AGUILA, LML. Guía para el uso de la Harina y Cápsulas de Coca: composición, análisis, procesos, preprados, comercio, precios, aspectos legales y sugerencias de uso industrial, nutricional, medicinal y energizante. Editado por Agroindustrias Chaska in <www.kallpa.com.pe> en 2006.
Ligazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Coca |