Electric Ladyland
Electric Ladyland é o nome do terceiro e último álbum de The Jimi Hendrix Experience, lanzado en outubro de 1968.
Electric Ladyland | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de The Jimi Hendrix Experience | ||||
Publicado | 16 de outubro de 1968 | |||
Estudio(s) | Olympic, Londres Record Plant e Mayfair, Nova York | |||
Duración | 73:56 | |||
Xénero(s) | Rock psicodélico Hard rock Funk Blues | |||
Selo(s) | Reprise Records | |||
Produtor | Chas Chandler Jimi Hendrix | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
En 1998 os lectores da revista Q ubicaron a Electric Ladyland no posto 22 dos mellores álbums de tódolos tempos; en 2003 o canal de televisión VH1 ubicuno no posto 72.
Gravación
editarA gravación do álbum foi moi problemática. Logo dunha complicada xira por Escandinavia e Inglaterra, Hendrix decidiu regresar ao seu país natal, os Estados Unidos (mudárase a Inglaterra antes de ser un músico popular). Frustrado polas limitacións das gravacións comerciais, decidiu crear un moderno estudio en Nova York, no que non tivera limitacións para expandir a súa visión musical. A construción do mesmo, chamado Electric Lady, tivo diversos problemas e non foi rematado ata mediados de 1970, polo que gran parte de Electric Ladyland foi gravado en The Record Plant, na mesma cidade.
Os disciplinados hábitos de traballo de Hendrix volvéronse erráticos, e a combinación de sesións interminables e de estudios cheos de aduladores finalmente causaron que o produtor Chas Chandler renunciara en maio de 1968. Chandler máis tarde queixouse de que Hendrix insistía en gravar moitas tomas de cada canción (ao parecer, de "Gypsy Eyes" fixéronse 43 tomas, e malia isto, Hendrix aínda non estaba satisfeito co resultado). O perfeccionismo de Hendrix levou ao guitarrista Dave Mason a que gravara 20 tomas da guitarra acústica de "All Along The Watchtower".
Listaxe de cancións
editarCara A | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
1. | "...And the Gods Made Love" | 1:19 | |||||||
2. | "Have You Ever Been (To Electric Ladyland)" | 2:08 | |||||||
3. | "Crosstown Traffic" | 2:25 | |||||||
4. | "Voodoo Chile" | 14:50 |
Cara B | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
1. | "Little Miss Strange" | 2:47 | |||||||
2. | "Long Hot Summer Night" | 3:21 | |||||||
3. | "Come On (Let the Good Times Roll)" | 4:04 | |||||||
4. | "Gypsy Eyes" | 3:38 | |||||||
5. | "Burning of the Midnight Lamp" | 3:33 |
Cara C | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
1. | "Rainy Day, Dream Away" | 3:39 | |||||||
2. | "1983... (A Merman I Should Turn to Be)" | 13:25 | |||||||
3. | "Moon, Turn the Tides....Gently Gently Away" | 0:58 |
Cara D | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
1. | "Still Raining, Still Dreaming" | 4:19 | |||||||
2. | "House Burning Down" | 4:26 | |||||||
3. | "All Along the Watchtower" | 3:54 | |||||||
4. | "Voodoo Child (Slight Return)" | 5:06 |