El Miño (Ourense)
El Miño foi un xornal publicado en Ourense entre 1898 e 1913.
El Miño | |
---|---|
Fundación | 1898 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Ourense |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarSubtitulado Diario liberal. Defensor de los intereses locales y regionales, apareceu o 20 de outubro de 1898. O diario foi fundado polo deputado liberal Vicente Pérez logo da súa ruptura con Valentín Lamas Carvajal pola orientación conservadora que imprimía como director a El Eco de Orense. Os seus directores foron Vicente Romero Rodríguez, Francisco Álvarez de Nóvoa e Eugenio López Aydillo (en xaneiro de 1910).[1] Caracterizouse pola defensa dos intereses galegos e por servir de escola xornalística a moitos coñecidos galeguistas. Cambiou o seu subtítulo por Diario de mayor circulación de la provincia en 1911 e Diario de la mañana en 1912.
No diario escribiu Vicente Risco cos pseudónimos de "Rujú Sahib" e "Polichinela" artigos de filosofía e actualidade entre 1910 e 1913, ademais traduciu ao castelán poetas franceses e fragmentos do Mahabharata. Tamén Francisco Álvarez de Nóvoa tiña unha combativa sección titulada "Agujetas".
Notas
editar- ↑ El Noroeste, 28-1-1910, p. 1.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Miño, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Miño, El". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.