Difteria
A difteria (do grego διφθέρα [diphthera], coiro) é unha doenza infecciosa que afecta á pel e á nasofarinxe, producida pola bacteria Corynebacterium diphtheriae, tamén coñecido coma bacilo de Klebs-Löffler por seren os apelidos dos descubridores do axente[1]. Algunhas cepas deste microorganismo son quen de produciren toxinas, que poden afectar a órganos coma o corazón, producindo miocardite, ou ao sistema nervioso, producindo polineuropatía. Porén, o máis habitual adoita ser a forma respiratoria da infección, caracterizada pola aparición de falsas membranas ou pseudomembradas, que se adhiren á mucosa respiratoria e á farinxe.
Difteria | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Aspecto dunha boca diftérica, onde pode observarse a pseudomembrana adherente, densa e branco-cincentan na orofarinxe e piares amigdalinos. | |
DiseasesDB | 3122 |
MedlinePlus | 001608 |
MeSH | D004165 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A difteria é unha enfermidade mortal entre o 5% e 10% das veces. En rapaces de menos de cinco anos e en adultos de máis de 40 anos, o índice de mortalidade pode chegar a alcanzar o 20%. Porén, é improbable a aparición dalgún caso de difteria na poboación occidental, aparecendo casos unicamente en países africanos, onde non teñen acceso á vacina DTPa.
Etioloxía
editarA causa da difteria é o bacilo grampositivo Corynebacterium diphtheriae. Trátase dun axente inmóbil, non encapsulado, que ten un aspecto de pau ou bastón, e adoitan agruparse en formacións coñecidas coma letras chinesas.[2] Dentro desta especie existen diferentes cepas, algunhas delas con alto poder toxixénico, isto é, capacidade de fabricar toxinas con acción nociva.
Epidemioloxía
editarA difteria pódese transmitir a outros individuos ben por contacto directo por esbirros, gorxa, pel, ollos ou calquera outro tipo de secreción das persoas infectadas.
O período de incubación da doenza é de aproximadamente 5 días, aínda que os síntomas poden comezar máis tarde. Porén, dende que existe vacina contra a difteria, a cal está presente no calendario vacinal galego do Servizo Galego de Saúde, é extremadamente pouco habitual atopar casos de difteria alén da inmigración.
Síntomas
editarDiagnóstico
editarTratamento
editarNotas
editar- ↑ Edwin Klebs e Friedrich Löffler foron os científicos que describiron por vez primeira a bacteria Corynebacterium diphtheriae
- ↑ Farreras, P.; Rozman, C. (1978). Medicina Interna (en castelán) 2 (9ª ed.). Barcelona: Marin S.A. pp. 887–892. ISBN 84-7102-980-4.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |