Decussis
- Para a moeda romana de prata de igual valor (10 ases), ver denario.
O decussis (voz latina, a partir de decem; "dez") foi unha gran moeda da Antiga Roma fundida en bronce, utilizada en tempos da República, co valor de dez ases, emitida unicamente polo obradoiro monetario da cidade de Roma.[1][2][3][4][5]
Trátase dunha denominación moderna, xa que o nome que tiña esta moeda no seu momento se descoñece.
Historia
editarO decussis é a maior denominación dentro das grandes e pesadas moedas de bronce fundidas das primeiras series da época republicana. É probable que a súa existencia se sitúe na época da segunda guerra púnica (218-201 a. de C.), arredor do ano 215 a. de C., simultaneamente ao quincussis, na época final do aes grave de padrón semilibral.[6] O seu peso, porén, de arredor dun quilogramo, é sensiblemente inferior ao que lle correspondía naquel sistema, por mor da crise xerada tras a derrota nese conflito, da mesma maneira que ocorría coa riqueza en prata dos cuadrigatos da época, que tamén se viu minguada.[7][8]
O uso do decussis non ocupou un papel relevante no sistema monetario romano e, da mesma maneira que outros múltiplos do ás en bronce (tressis e decussis), foi abandonado tras a aparición do denario de prata, dun tamaño moito máis manexable e co que comparte o valor de dez ases.[9]
Coñécese un único tipo deste valor tan pouco común. No seu anverso amósase a cabeza da deusa Roma e, detrás, a marca de valor X (pola equivalencia de 10 ases). No reverso preséntase a proa de barco característica das emisións de bronce desta época.[10]
Consérvanse unicamente catro exemplares de decussis; tres deles en museos e outro en mans privadas, que foi vendido en poxa pública en 2010 pola cantidade de 240.000 francos suízos.[11][12][13]
Notas
editar- ↑ "Decussis*". Digalego.xunta.gal. Consultado o 9 de agosto de 2019.
- ↑ Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Decussis".
- ↑ "Decussis". En Mateu y Llopis, F. (1946).
- ↑ "Decussis". En Amandry, M. (dir). (2001).
- ↑ "Decussis". En Smith, William et al. (1890).
- ↑ "Decussis". En Schulzki, Heinz-Joachim. Brill’s New Pauly.
- ↑ "El decussis, la moneda romana más grande de la historia". En Monedas Antiguas. 2017
- ↑ "Decussis". En Forum ancient coins.
- ↑ "Decussis". En Algunos tipos de monedas antiguas.
- ↑ "Roman Republic - The Decussis[Ligazón morta]". En Roma Numismatics.
- ↑ "Decussis". En Roman bronce coins. www.moneta-romanae.com
- ↑ "Roman Rep. Decussis or denarius ca 215, AE 1075 g". En icollector.com
- ↑ Numismática Ars Classica. Poxa nº 54. 24 de marzo de 2010. Lote 150 Arquivado 04 de marzo de 2017 en Wayback Machine..
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarBibliografía
editar- Alfaro Asins, C. et al. Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7
- Amandry, M. (dir). Dictionaire de Numismatique. París, 2001. ISBN 2-03-505076-6
- Burnett, Andrew. Coinage in the Roman World. Seaby. Londres, 1987. ISBN 978-0-900652-84-4
- Burnett, Andrew. La Numismatique romaine, de la République au Haut-Empire. Errance, París, 1991. ISBN 9782903442699
- Crawford, M. H. Roman Republican Coinage. Cambridge University Press, 1974. ISBN 0-521-07492-4
- Crawford, M. H. Coinage and Money Under the Roman Republic. University of California Press. Berkeley - Los Angeles. 1985. ISBN 0-520-05506-3
- Depeyrot, Georges. La monnaie romaine : 211 av. J.-C. - 476 apr. J.-C. Éditions Errance. 2006. ISBN 2877723305
- Mateu y Llopis, F. Glosario hispánico de Numismática. Barcelona, 1946.
- Melville Jones, John R. A Dictionary of Ancient Roman Coins. Spink. Londres, 2003.
- Smith, William et al. (1890). A Dictionary of Greek and Roman Antiquities. John Murray. Londres.
- Sutherland, C. H. V. Roman Coins. Barrie and Jenkins. Londres, 1974. ISBN 0-214-66808-8
Ligazóns externas
editar- Identificador de moedas da Antiga Roma Arquivado 17 de novembro de 2020 en Wayback Machine.
- Digital Library Numis (bibliografía sobre numismática da Antiga Roma) Arquivado 27 de marzo de 2019 en Wayback Machine.
- La Bible des monnaies romaines de 313 à 476 ap. J.-C.