Dúas bágoas por Máquina
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2019.) |
Dúas bagoas por Máquina é unha novela infantil-xuvenil de Fina Casalderrey. Foi publicada por Edicións Xerais en 1992 e foi galardoada co Premio Merlín.
Dúas bágoas por Máquina | |
---|---|
Título orixinal | Dúas bágoas por Máquina |
Autor/a | Fina Casalderrey |
Lingua | lingua galega |
Data de pub. | 1992 |
Premios |
|
[ editar datos en Wikidata ] |
Trama
editarO libro relata a historia vivida tanto en primeira como en terceira persoa de Xusta e do seu can, Máquina.
O primeiro capítulo comeza coa desaparición de Máquina na aldea e a súa respectiva busca por parte da protagonista e o seu irmán, Moncho. Ambos os dous crean un gran rebumbio na aldea e a pesar de todos os seus esforzos, Máquina segue sen aparecer.
No segundo capítulo, Xusta narra anécdotas pasadas de Máquina. Relata o día do seu sexto aniversario, cando os seus pais llo regalaron e a orixe do seu nome. Tamén conta os seus primeiros días na casa e o seu especial aprecio por parte do avó de Xusta e Moncho, o desprezo por parte da súa avoa e a indiferenza dos seus pais.
No terceiro capítulo, cando Máquina xa é un pouco maior e rebelde na casa, menos con Xusta, increméntase o desprezo da avoa e a posición imparcial dos pais tende a parecerse á da avoa. A situación aínda empeora máis para os protagonistas cando o avó morre dun problema de corazón.
No cuarto capítulo, Máquina segue dando problemas no ámbito familiar. Tan grave é a situación que o pai de Xusta, Tomás, decide que o mellor é abandonalo noutra aldea a 100 km da que estaba. Xusta e Moncho deciden buscalo tal e como se narra no primeiro capítulo até que, de súpeto, aparece un día ás portas da escola dos irmáns.
No quinto e sexto capítulo, tras a aparición de Máquina, só se narran anécdotas de boa convivencia no ámbito familiar. O final do libro remata coa morte de Máquina intentando salvar a avoa dun accidente de tráfico, a pesar do desprezo que lle tiña ela.
Narración
editarA narración do libro vai cambiando a medida que remata un capítulo es comeza outro:
- O capítulo un, Rebumbio na aldea: trátase dunha narración en terceira persoa, na que o narrador é omnisciente e non participa na trama da historia.
- O capítulo dous, Lembrando a Máquina: esta vez trátase dunha narración en primeira persoa. Neste caso, é Xusta quen conta os acontecementos sucedidos e o fai virando cara ao pasado.
- O capítulo tres, As falcatruadas de Máquina: de novo trátase dunha narración en primeira persoa. Neste caso, é Xusta quen conta os acontecementos sucedidos e o fai virando cara ao pasado.
- O capítulo catro, Todo se complica: trátase dunha narración en primeira persoa. Neste caso, é Xusta quen conta os acontecementos sucedidos e o fai virando cara ao pasado.
- O capítulo cinco, Xusta comeza a vivir de novo: trátase dunha narración en terceira persoa, na que o narrador é omnisciente e non participa na trama da historia.
- O capítulo seis, Dúas bágoas por Máquina: trátase dunha narración en terceira persoa, na que o narrador é omnisciente e non participa na trama da historia.
Personaxes
editar- Xusta: É unha nena de pelo escuro, case negro, non moi longo. Os seus ollos son castaños, moi escuros. Non son demasiado grandes aínda que si moi espelidos.
- Moncho: Irmán máis vello de Xusta
- Máquina: Can co pelo longo, acastañado, cunha manchas brancas arredor dos ollos. Parecido a un cócker.
- Avó
- Avoa
- Pai e nai de Xusta e Moncho, Tomás e Matilde
- Arturo: Grande amigo e compañeiro de clase de Xusta.
Espazo
editarToda a historia desenvólvese na aldea de Xusta. Polo que sae mencionado nalgún capítulo, trátase dunha pequena aldea no norte de Lugo, preto do río Grande.