Cuarta dinastía de Exipto

A Cuarta Dinastía do antigo Exipto (IV Dinastía) caracterízase por ser a "idade de ouro" do Imperio Antigo de Exipto. A IV dinastía durou desde c.  2613 ata o 2494 a.C.[1] Foi un momento de paz e prosperidade, durante o cal documéntase comercio con outros países.

Modelo:Xeografía políticaCuarta dinastía de Exipto
Imaxe

Localización
Xeografía
Parte de
Datos históricos
Precedido por
Creación2613 a. C. Editar o valor en Wikidata
Disolución2498 a. C. Editar o valor en Wikidata
Sucedido porV dinastía exipcia Editar o valor en Wikidata

Esfinxe de pedra calcaria pintada de Hetepheres II, posiblemente a primeira representación dunha esfinxe, foi unha das membros que máis lonxevo da familia real da cuarta dinastía, filla de Queops, muller de Djedefre e viviu no reinado de Shepseskaf.

A Cuarta Dinastía anunciou o inicio da era da construción das pirámides. A relativa paz da Terceira Dinastía permitiu aos gobernantes da IV Dinastía adicarse a actividades máis artísticas e culturais. Os experimentos de construción do faraón Snefru levaron á evolución desde as pirámides de estilo mastaba ata as pirámides “verdadeiras” de cara lisa, como as da meseta de Gizeh. Ningún outro período da historia de Exipto igualou os logros arquitectónicos da IV Dinastía. [2] Cada un dos gobernantes desta dinastía encargaron polo menos unha pirámide para servir como tumba ou cenotafio [Cómpre referencia].

A Cuarta Dinastía foi a segunda de catro dinastías que conformaron o "Imperio Antigo". O rei Snefru, o primeiro faraón da Cuarta Dinastía, ocupou o territorio que vai desde a antiga Libia no oeste ata a península do Sinaí no leste ata a Nubia no sur. Foi un período exitoso e esta época é coñecida polo seu avance e concentración do goberno, como se pode ver na construción organizada de pirámides e outros monumentos.

A comprensión do Imperio Antigo provén principalmente destas estruturas e obxectos descubertos nos cemiterios desérticos de Gizeh.

Faraóns da cuarta dinastía
Nome común Nome de Horus Datas Pirámide Nomes das
esposas
Snefru Nebma'at 2613–2589 a.C. Pirámide vermella
Pirámide curvada
Pirámide en Meidum
Hetepheres I
Queops Medjedu 2589–2566 a.C. Gran Pirámide de Gizeh Meritites I
Henutsen
Djedefre Kheper 2566–2558 a.C. ? Pirámide de Djedefre Hetepheres II
Khentetka
Quefrén Userib 2558–2532 a.C. Pirámide de Quefrén Meresankh III
Khamerernebty I
Hekenuhedjet
Persenet
Micerinos Kakhet 2532–2503 a.C. ? Pirámide de Micerinos Khamerernebty II
Shepseskaf ?? 2518–2510 a.C. ? Banco do faraón en Saqqara Bunefer

Liña temporal da cuarta dinastía

DjedefptahShepseskafMicerinosBikherisQuefrénDjedefreQueopsSnefru

Snefru

editar

O rei Sneferu, encomiado como "aportador de beleza", "Mestre de toda a xustiza", "Gobernador do Nilo superior e baixo", foi o primeiro faraón da cuarta dinastía. Descendía dunha familia do Exipto Medio que vivía preto de Hermópole e probablemente ascendeu ao trono ao casar cunha herdeira real. Aínda hai debate sobre quen foi o seu pai, moitas veces acredítse a Huni, pero isto non se pode confirmar debido á ruptura nas dinastías. A súa nai, Meresanhk I era unha muller menor ou unha concubina de Huni que, se fose isto último, tecnicamente non contaría como sangue real.

Exipto no Terceiro Milenio antes de Cristo era, por certo, unha terra de paz e de abundancia. As elites comían normalmente patos e gansos cebados e levaban roupas brancas finas, cando levaban roupa. Snefru tiña unha opinión moi elevada de si mesmo, demostrouno cando navegou nun barco polo Nilo cuberto só con mallas.

Ata o seu reinado, os faraóns exipcios pensaban que eran encarnacións mundanas de Horus, obtendo a deificación total exclusivamente na morte. Snefru foi o primeiro rei en proclamar que era a encarnación de Ra, outra divindade solar. Queops seguiría o camiño do seu pai, tomando o nome de Fillo do Deus Sol.

En xeral, Exipto estaba gobernado por dous centros de poder: a autoridade legal e a autoridade tradicional. A autoridade xurídica constituía o goberno do faraón, non directamente sobre as persoas, senón a treves de visires e nomarcas. A autoridade tradicional derivaba do concepto de que as deidades daban ao faraón o dereito divino de gobernar como quixera. No dondo, o goberno exipcio da Cuarta Dinastía organizouse para que só o faraón puidese dirixir a autoridade tradicional.

A Pirámide curvada foi o primeiro intento de Snefru de construír unha estrutura perfecta, pero se curva e finalmente se inclina a un ángulo inferior, dándolle á estrutura un aspecto esmagado. A súa Pirámide vermella é considerada como a primeira pirámide verdadeira e obtivo o seu nome da tinta avermellada na pedra calcaria utilizada. A Pirámide Vermella considérase a primeira pirámide, aproximadamente 150 anos despois das estruturas construídas polo faraón Zoser.[3] A Pirámide vermella foi a primeira que tivo unha base sólida o bastante estable para soster un edificio máis alto. Tamén se di que é o responsable da constución dunha serie de pirámides en Seila. Encargou un total de tres pirámides, pero hai rexistros que apuntan a unha cuarta. Aínda que non construíu ningunha das pirámides en Gizeh, é coñecido como o rei que moveu máis pedras e ladrillos. Moitas das expedicións políticas e militares de Snefru foron a outros países para conseguir dúas cousas: unha forza de traballo substancial e acceso a unha gran variedade de materiais. Viaxou a Nubia e Libia por estas cousas. As súas incursións nestas áreas permitiron a Snefru conseguir unha gran cantidade de man de obra, tan grande, de feito, que provocou unha enorme devastación nos países atacados. Tamén precisaba gando vacún e outras fontes de provisións para alimentar ás persoas que construían as súas pirámides. Ao finalizar as súas campañas militares, conseguiu capturar 11.000 prisioneiros e 13.100 cabezas de gando.


 

Pirámides de Gizeh


Outros faraóns durante a Idade das Pirámides

editar

Faraón Queops

editar

Queops, o sucesor de Snefru, aínda que non está claro se era fillo biolóxico de Snefru, foi un faraón moi coñecido. Aínda é moi coñecido nos medios de comunicación actuais, estando presente en películas, novelas e programas de televisión. A súa fama deriva da súa pirámide na meseta nordeste de Gizeh, onde foi enterrado. O seu templo mortuorio construíuse no extremo norte da pirámide, que xa non é accesible debido aosgraves estragos producidos polos ladróns. Só recuperáronse relevos en tres dimensións que perduraron ata os nosos días, incluíndo moitos bustos de calcaria e figuras de arxila. As actividades de Queops dentro e fóra de Exipto non están ben documentadas (agás o seu traballo de arquitectura) e estivo moi romanticizada polos gregos antigos. Estes gregos pensaron que queops era un home malvado que ofendeu ás divindades e forzou aos seus súbditos a escravitude.[4]> Pero, por que foi isto? Creíase que Queops, fillo de Snefru, era ilexítimo e, polo tanto, indigno do trono. Aínda que fose o verdadeiro fillo de Snefru, fixo pouco para expandir o país de Exipto e non conseguiu seguir os pasos de seu pai. Hai só algúns rexistros que declararon estar involucrado en actividades políticas. A mellor conxetura que os historiadores poden facer é que hai probas de que mandou construír un porto na costa do Mar Vermello que foi escavado por John Gardner Wilkinson e James Burton en 1823.

Faraón Djedefre

editar

Os historiadores acreditan a Djedef cun reinado de oito anos. Non se sabe moito de Djedef, incluído a súa liñaxe inconclusa. É posible que fose o fillo de Queops ou que mesmo fose o seu irmán. Suxírese amplamente que era fillo dunha raíña menor que asasinou o herdeiro lexítimo do trono e o irmán biolóxico de Djedef, o príncipe herdeiro Kawab. Djedef optou por construír a súa pirámide a varios quilómetros ao norte de Gizeh, creando a especulación de que houbese unha disputa familiar que provocou que Djedef quixera estar lonxe da tumba de Queops. Unha conclusión máis favorable é que Djedef elixiu ser enterrado máis preto de Iunu, o centro do culto a Ra. A súa pirámide tamén presenta unha estatua da súa muller, Hetepheres II, en forma de esfinxe. Era filla de Queops e fora esposa de Kawab. Ás veces suxírese que esta foi a primeira esfinxe verdadeira, aínda que hai un debate sobre a esfinxe en Gizeh que foi imputada a Quefrén. Converteuse no membro real máis lonxevo da dinastía vivindo no reinado de Shepseskaf.

O faraón Quefrén

editar

Quefrén, fillo de Queops, sucedeu ao seu suposto irmán, Djedefre, despois do seu breve reinado. Elixiu construír a súa pirámide preto do seu pai, combinándoa con estilo e sendo case tan grande. Na parte diaanteira da calzada da pirámide atópase a Grande Esfinxe que se di que ten os seus trazos físicos. Aínda debátese sobre se a súa Esfinxe foi erguida antes que a de Djedefre.[5] A esfinxe de Quefrén era coñecida e estaba máis próxima aos seus súbditos, sendo máis difícil determinar cal construíuse primeiro debido ao mantemento de rexistros sesgados.

 
Micerinos e Khamerernebty II, a súa irmá-esposa

Faraón Micerinos

editar

Como moitos faraóns desta dinastía, o seu reinado é incerto, estimado en máis de 63 anos pero certamente pode ser unha esaxeración. Micerinos sucedeu ao seu pai, o faraón Quefrén. A súa pirámide é a terceira e a máis pequena das de Gizeh e coñécese como Netjer-er-Menkaure, que se traduce como "Micerinos é divino". Atopouse un sarcófago dentro da pirámide, de aproximadamente 2´44 m. de longo e 91 centímetros de alto, feito de basalto. Como moitas das pirámides anteriores, a de Micerinos non estaba inscrita, o interior non ten ningún tipo de rexistro.

O faraón Shepseskaf

editar

Shepseskaf é xeralmente aceptado como o último faraón da Cuarta Dinastía, sucedeo a Micerinos. Non hai probas concluíntes de quen é a súa nai, aínda que se cre que era fillo dunha raíña menor. Tampouco se sabe quen foi a súa muller. Shepseskaf rompeu a cadea de construción de pirámides dos cinco faraóns anteriores. No canto dunha pirámide triangular, optou por construír un bloque rectangular, coñecido como Mastabat al-Fir’aun ("Plataforma do faraón").[6] De xeito similar, porén, atopouse un pequeno escrito dentro da súa tumba e foi enterrado en termos moi sinxelos.

Faraóns posteriores

editar

A identificación deste faraón non está resolta.[7] Sobreviviron varias listas de antigos faraóns. Pero non concordan, e ningunha delas pode considerarse completa. A lista de faraóns de Turín ten unha lagoa entre Quefrén e Micerinos, onde o autor tiña listado un faraón que reinaba entre estes dous faraóns. O nome do faraón e a duración do reinado pérdense completamente na lagoa.[8] A Tabela de Saqqara tamén observa un faraón entre Quefrén e Micerinos, pero tamén aquí perdeuse o nome.[9] Algúns estudosos equiparaon a este faraón con Bikheris, na lista de Manetón, que podería corresponder ao nome exipcio Baka ou Bakare.

Khentkaus I

editar

Quizais a evidencia máis intrigante da cuarta dinastía é o status de Khentkaus I, tamén coñecida como Khentykawes. Ela era filla de Micerinse e a súa tumba construíuse ao longo da calzada de Micerinos. Pode que gobernase como raíña.

A súa tumba é unha gran mastaba, con outra mastaba descentrada colocada enriba dela. A segunda mastaba non puido centrarse coa mastaba principal debido ao espazo libre, sen apoio, das habitacións de abaixo.

Nunha porta de granito que leva á súa tumba, Khentkaus I recibe títulos que poden lerse como nai de dous faraóns do Exipto superior e inferior, como nai do faraón do Exipto superior e inferior e faraón do alto e baixo Exipto , ou, como o le un estudoso, faraón do Exipto superior e inferior e nai de dous reis do alto e baixo Exipto.

Ademais, a súa representación por esta porta tamén lle dá toda a parafernalia de pleno dereito da realeza, incluída a falsa barba do faraón. Esta representación e o título dado levaron a algúns exiptólogos a suxerir que ela reinou como faraón preto do final da cuarta dinastía.

A súa tumba rematou nun estilo arquitectónico de nicho característico. Non obstante, os nichos logo foron cubertos cunha carcasa de calcaria suave.

Idade das pirámides

editar

A Idade das pirámides refírese a que a Cuarta Dinastía foi a época na que se construíron a maioría das pirámides coñecidas, que inclúen as de Gizeh. O faraón Snefru foi o primeiro faraón en expresar interese por ritos funerarios e tumbas, o que o levou á planificación da pirámide máis grande en Exipto. As súas primeiras pirámides foron a Pirámide curvada e a Pirámide vermella. A "Idade das pirámides" non se trataba só da construción de grandes estruturas facilmente recoñecibles, senón tamén dun cambio nas prácticas e rituais funerarios. Isto inclúe o enterro das elites en grandes estruturas e o uso extensivo da momificación.

Cambios relixiosos

editar

A Cuarta Dinastía é onde realmente vemos un cambio nas prácticas relixiosas onde a adoración ao Sol era algo común. O Culto a Ra creceu, remontando ao feito de que a tumba de Djedef construíuse máis preto do centro de culto ao que os antigos gregos chamaban Heliópole.[10] Era unha cidade do delta próxima a o Cairo contemporáneo que estivo ocupada desde tempos predinásticos, cuxo antigo nome exipcio era I͗wnw ou Iunu e significaba os piares.

Durante a época en que a centralización dos recursos materiais, orgánicos e humanos da nación comezarona desenvolverse, a relación do faraón coas divindades fíxose incontestable e os faraóns comezaron a esculcar os seus nomes en estatuas e monumentos que antes estaban reservados para as divindades. Isto fala dun tipo de complexo de deus por parte dos faraóns. A famosa estatua de Quefrén, onde se lle incorporaba un falcón ao seu tocado, equipara ao faraón ao deus Horus.

Este feito, con todo, provocou polémica. Estaba enfrontando a fidelidade de Quefrén a Horus contra o crecente Culto a Ra, non moi lonxe en Helípole.[11] Os faraóns xa non asociaban as pirámides ao Alén. O alén críase que era un reino divino que se representaba como un tipo de ceo idealista onde só podían ir os faraóns e os corazóns puros. Pola contra, a Cuarta Dinastía representou un cambio nesta idea, formulou a idea de que a vida posterior era un lugar familiar, tomando a aparencia da Terra.[12] Os rituais relixiosos eran notoriamente conservadores, polo que saben os historiadores, e hai moito que desexar dos rexistros coñecidos actuais.

O cambio de costumes provocou cambios arquitectónicos

editar

O Imperio Antigo viu un aumento na preservación dos falecidos, facendo máis complexa a preparación dos corpos. Creouse o oficio de embalsamador e os seus traballos consistían unicamente en preparar o cadáver en privado. Existen tres xeitos de momificar un corpo: 1) Estuco: o corpo envolvíase en liño fino e logo cubríase de estuco, as características do corpo (incluída a cara) remodelábanse con xeso;[13] 2) Liño: o corpo envolvíase en liño, que ás veces tratábase con natrón (unha mestura de múltiples carbonatos de sodio[14]) e as roupas tratábanse con resina para que as características do corpo puidesen modelarse; e 3) Descarnamento: eliminar toda a carne e envolvendo os ósos en sabas.[15] Xeralmente, extraíanse os órganos que logo se metían en frascos que acompañaban ao corpo na tumba e o interior do corpo lavábase.

As tumbas da Cuarta Dinastía cambiaron drasticamente. As tumbas "pouco impresionantes" non satisfacían as elites, o que significa que se conformaban con estruturas máis pequenas se o interior estaba decorado. Os escritos xerogrlifos eran importantes para as elites porque, por un lado, era unha enorme mostra de riqueza e, dous, guiaban as súas almas cara ao alén. A Cuarta Dinastía, non tiña estes escritos. Pola contra, as tumbas eran máis profunda e as superestruturas eran máis grandes. Logo da Necrópole de Gizeh, as xeracións posteriores de tumbas dimensionáronse de forma máis razoable. Despois do Imperio Medio, a realeza abandonou as pirámides, preferían as tumbas esculpidas na rocha viva das montañas do alto Exipto. 

  1. Shaw, ed. (2000). A historia de Oxford do Antigo Exipto. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-815034-3. 
  2. Exipto: Terra e Vida dos faraóns revelados, (2005), pp. 80–90, Global Book Publishing: Australia
  3. Levy, Janey (30 de decembro de 2005). The Great Pyramid of Giza: Measuring Length, Area, Volume, and Angles. Rosen Classroom. p. 4. ISBN 978-1-4042-6059-7. 
  4. Tyldesley, Joyce. "Who was Khufu?". eds.a.ebscohost.com.libproxy.nau.edu (en inglés). Consultado o 14 de abril de 2018. 
  5. Spencer, A. J. (1990). "The Egyptian Pyramids. A Comprehensive Illustrated Reference. By J.P. Lepre. 233 × 156mm. Pp. xviii + 341, many ills. Jefferson, North Carolina: McFarland and Company, Inc.1990. ISBN 0-89950-461-2. £37·50.". The Antiquaries Journal (en inglés) 70 (2): 479. doi:10.1017/S0003581500070906. Consultado o 21 de abril de 2018. 
  6. Spencer, A. J. (1990). "The Egyptian Pyramids. A Comprehensive Illustrated Reference. By J.P. Lepre. 233 × 156mm. Pp. xviii + 341, many ills. Jefferson, North Carolina: McFarland and Company, Inc.1990. ISBN 0-89950-461-2. £37·50.". The Antiquaries Journal (en inglés) 70 (2): 479. doi:10.1017/S0003581500070906. Consultado o 21 de abril de 2018. 
  7. Peter Jánosi: Giza in der 4. Dynastie. Die Baugeschichte und Belegung einer Nekropole des Alten Reiches. vol. I: Die Mastabas der Kernfriedhöfe und die Felsgräber, Verlag der Österreichischen Akademie der Wissenschaften, Wien 2005, ISBN 3-7001-3244-1, page 64–65.
  8. Wolfgang Helck: Untersuchungen zu Manetho und den ägyptischen Königslisten, (= Untersuchungen zur Geschichte und Altertumskunde Ägyptens, Bd. 18), Leipzig/ Berlin 1956, page 52
  9. Aidan Dodson, Dyan Hilton: The Complete Royal Families of Ancient Egypt, The American University in Cairo Press, London 2004, ISBN 977-424-878-3, page 61
  10. Bolshakov, Andrey O (1991). "The Old Kingdom Representations of Funeral Procession". Göttinger Miszellen (en inglés) 121: 31–54. Consultado o 14 de abril de 2018. 
  11. Baines, John; Lesko, Leonard H.; Silverman, David P. (1991). Religion in Ancient Egypt: Gods, Myths, and Personal Practice. Cornell University Press. p. 97. ISBN 978-0-8014-9786-5. 
  12. Roth, Ann Macy (1993). "Social Change in the Fourth Dynasty: The Spatial Organization of Pyramids, Tombs, and Cemeteries". Journal of the American Research Center in Egypt 30: 33–55. JSTOR 40000226. doi:10.2307/40000226. 
  13. "Fragments of stucco from a mummy". Museum of Fine Arts, Boston (en inglés). 12 de marzo de 2018. 
  14. "3 Ways Egyptians Preserved Mummies". ThoughtCo. 
  15. "BBC - History - Ancient History in depth: Mummies Around the World". 

Véxase tamén

editar
Dinastía precedente Dinastía Dinastía seguinte
Terceira Dinastía Cuarta Dinastía Quinta Dinastía