Corda (instrumento)
Unha corda é o elemento vibratorio orixinario do son nos instrumentos musicais de corda, tales como a guitarra, a arpa, o piano ou membros da familia dos violíns.
As cordas son segmentos formados por un material flexible que permanecen en tensión de modo que poidan vibrar libremente, sen entorpecemento que provocase unha distorsión da onda acústica.
As cordas poden ser lisas, que constan dun material único como aceiro, nailon, ouro ou tripas de animais; ou ben poden posuír un interior de seda, ou nailon e recubertas con fíos de aceiro, cobre, prata ou ouro no caso das das notas máis agudas do violín. Este recubrimento ten a misión de agregar certo peso e homoxeneidade na vibración de modo que a corda acade a altura sonora desexada, mentres a mantén o suficientemente delgada e flexible para tocar.
Construción dunha corda
editarDependendo da construción do instrumento en que se empreguen, as cordas usualmente terán unha bóla ou bucle nun dos extremos cuxa misión é a suxeición segura da corda ó instrumento. As cordas dalgúns instrumentos poden ir envolvidas en seda para protexe-la corda e evita-la súa rotura posto que, usualmente, van apoiadas en segmentos de madeira. A cor e o patrón de dita seda pode ser utilizado a modo de identificación do tipo de corda, da súa altura e incluso dos materiais dos cales está fabricada.
As cordas recubertas consisten dun centro cun cable ou arame enrolado sumamente premido arredor del e en espiral, de modo que nunca unha fracción de cable superpoña a outra, polos mesmos motivos amentados antes: unha doada e suave execución do son.
Medidas
editarO ton dunha corda depende do seu peso e polo tanto do seu diámetro e a súa densidade, é dicir, as súas medidas. Tradicionalmente o diámetro vén medido en milésimas de polgada, isto é, en milésimas de milímetro pois o sistema métrico tamén é moi utilizado, ante todo en Europa. A maior tamaño da corda, maior é o seu peso. E a maior peso, precisarase unha maior enerxía para as mover, polo que oscilarán máis lentamente. Canto máis longas e máis pesadas, un son máis grave producirán. As cordas máis pesadas ademais, requiren unha tensión maior para a mesma altura do son, ou sexa, para o mesmo ton e son, consecuentemente, máis difíciles de premer cos dedos á hora de tocar. Se a un instrumento de trastes se lle trocan as cordas e se lle colocan diferentes medidas de corda, podería ser necesario axusta-la altura das cordas sobre os trastes, o que se chama "acción", co fin de facer máis simple de tocar ou evitar que as cordas produzan zunido contra os trastes. A "acción" de modifica-las alturas das cordas nos instrumentos sen trastes, pode ser tamén axustada para acomoda-la medida da corda como así tamén o estilo interpretativo desexado.
As cordas de aceiro para as guitarras convencionais usualmente veñen en conxuntos de cordas xa axustadas. Os conxuntos de cordas veñen xeralmente referidos ben polas medidas da primeira corda do instrumento ó que se lle vaian colocar, ben polo par de cordas primeira e última. Algúns fabricantes poden diferir doutros lixeiramente nas medidas. Os exemplos de datos de debaixo proceden das cartas de cordas de D'Addario para cordas regulares, recubertas e con aliaxe de níquel e prata.
(Nota: As cordas das táboas grises son entorchadas. As demais son todas lisas.)
Nome | 1 (e) in/mm |
2 (B) in/mm |
3 (G) in/mm |
4 (D) in/mm |
5 (A) in/mm |
6 (E) in/mm |
---|---|---|---|---|---|---|
Extra super light (8-38/20-97) | .008/0.20 | .010/0.25 | .015/0.38 | .021/0.53 | .030/0.76 | .038/0.97 |
Super light (9-42/23-107) | .009/0.23 | .011/0.28 | .016/0.41 | .024/0.61 | .032/0.81 | .042/1.07 |
Regular light (10-46/25-117) | .010/0.25 | .013/0.33 | .017/0.43 | .026/0.66 | .036/0.91 | .046/1.17 |
Extra light w/heavy bass (9-46/23-117) | .009/0.23 | .013/0.33 | .021/0.53 | .029/0.74 | .036/0.91 | .046/1.17 |
Medium (11-49/28-124) | .011/0.28 | .014/0.36 | .018/0.46 | .028/0.71 | .038/0.97 | .049/1.24 |
Medium w/wound G string (11-52/28-132) | .011/0.28 | .013/0.33 | .020/0.51 | .030/0.76 | .042/1.07 | .052/1.32 |
Heavy (12-54/30-137) | .012/0.30 | .016/0.41 | .020/0.51 | .032/0.81 | .042/1.07 | .054/1.37 |
Extra heavy (13-56/33-157) | .013/0.33 | .017/0.43 | .026/0.66 | .036/0.91 | .046/1.17 | .056/1.57 |
As cordas do típico baixo veñen nas seguintes medidas. Apréciese que as cordas adicionais (quinta e sexta, pois un baixo tan só ten catro) véndense xeralmente por separado. Ás veces as cordas son elaboradas cunha escala particular de lonxitude e veñen en longa, mediana e curta escala.
Nome | 1 (G) in/mm |
2 (D) in/mm |
3 (A) in/mm |
4 (E) in/mm |
5 (B) in/mm |
---|---|---|---|---|---|
Light (40-100/102-254) | .040/1.02 | .060/1.52 | .080/2.03 | .100/2.54 | .130/3.30 |
Medium (45-105/114-267) | .045/1.14 | .065/1.65 | .085/2.16 | .105/2.67 | .130/3.30 |
As cordas destinadas ós instrumentos da familia do violín son vendidas moitas veces en tres medidas denominadas simplemente como "heavy", "medium" e "light" ou en alemán "stark", "mittel" e "weich" as cales manteñen as desinencias do inglés ou do alemán debido a que apenas existen fabricantes españois de cordas. Estas desinencias non indican necesariamente que teñan ningún tipo de estandarización asociado con tales medidas.
Materiais
editarNúcleo
editarO aceiro forma parte do núcleo de case tódalas cordas de metal; outros materiais naturais como a seda ou as tripas de procedencia animal, ou os sintéticos como o nailon e o kevlar son tamén utilizados para este fin (o aceiro empregado para as cordas, chamado tamén cables de música, é endurecido e temperado). Algunhas cordas Mi(chamadas así porque cando vibran libres soa dita nota) están chapadas en ouro con intención de mellora-la calidade tímbrica.
As tripas de ovella e de touro foron usadas durante moito tempo como cordas nos instrumentos de corda friccionada. Este tipo de material é moi sensible ós efectos do cambio de clima e á humidade, polo que se desafinan rápido e a miúdo e rompen doadamente. Trala introdución doutros materiais, metálicos e sintéticos, as cordas feitas a partir de tripa seguen sendo elaboradas a causa do seu son cálido (con harmónicos máis complexos) e algúns intérpretes considéranas mellores. Son usualmente reservadas para instrumentos antigos como a viola antiga, a tiorba, o laúde, o clave etc. As cordas modernas de tripa ás veces están recubertas de fíos metálicos.
Hoxe día un dos tecidos máis populares para o interior das cordas dos instrumentos da familia do violín é o nailon estirado, a miúdo vendido baixo o nome comercial de "Perlon". Primeiro introducido por Thomastik nos setenta e os oitenta, as cordas sintéticas son actualmente manufacturadas a grande escala.
A maior parte dos músicos de corda intérpretes de jazz ou folk prefiren interiores de aceiro para as súas cordas pola súa resposta máis rápida, o seu baixo custo e a súa estabilidade na afinación mentres que a maioría dos intérpretes de música clásica prefiren materias sintéticas polos seus ricos harmónicos e o seu timbre cálido.
Con moito, a combinación de materiais máis estendida para un concertista de violín é núcleos sintéticos para as cordas sol, re e la e aceiro para a corda máis aguda.
Recubrimento
editarO aluminio é o máis común para instrumentos de arco, mentres que para a guitarra e o piano, o bronce é unha boa opción. Cobre, níquel, ouro, prata e volframio tamén se empregan. A prata e o ouro son máis caros e son usadas pola súa resistencia á corrosión e por ser hipoalerxénicos.
As cordas recubertas de cable redondo reciben o nome de cordas recubertas en redondo; aquelas cuxo recubrimento é con cable plano, tendo polo mesmo unha superficie de rozamento máis suave, son chamadas de recubrimento plano. Os baixos sen trastes o que máis usan son as cordas de recubrimento plano, ó igual có resto dos membros da familia do violín. Un tipo de recubrimento raro é o semirecuberto. Hai tamén un material chamado "ground round", no cal o material de recubrimento é achandado para conseguir un rematado incluso máis suave. Ambos métodos teñen unha forma algo ovalada, intermedia entre o recubrimento plano e o redondo. As cordas para guitarra de "seda e aceiro" son cordas sobrerrecubertas con filamentos de seda baixo o recubrimento.
Unha corda vibra nun patrón harmónico complexo. Cada vez que unha corda é posta en movemento, un conxunto específico de frecuencias resoan en base a series harmónicas matemáticas. A frecuencia fundamental é a máis grave e a que máis se oe, e vén determinada pola densidade, a lonxitude, a tensión da corda, a humidade, a presión e a temperatura atmosférica. Esta é a frecuencia que nós identificamos como a altura da corda. Sobre esa frecuencia, os harmónicos son escoitados máis "piano" ou suave canto máis agudo sexa. Por exemplo, se a frecuencia fundamental é 440 Hz (o La central no piano) entón os harmónicos de tal corda afinada nese ton serían 880, 1320, 1760, 2200 Herzios e así ata o infindo. Os nomes de notas correspondentes a ditas frecuencias son La4, Mi5, ALa5, Do#6 etc. Debido á masa das cordas, canto máis agudo sexa o harmónico máis diferente é a súa afinación con respecto á fundamental, máis se diferencian. Isto é coñecido como o fenómeno físico-harmónico, e constitúe unha consideración sumamente importante para os afinadores de pianos se tentan alargar a afinación ó longo de todo o piano para mante-los harmónicos máis afinados mentres soben polo teclado.
Corrosión dunha corda
editarOs materiais destinados ás cordas instrumentais ofrecen un único inconveniente: que son susceptibles de oxidación ou de corrosión. As cordas entorchadas que usan metais como o latón ou o bronce corroeranse eventualmente a causa da humidade e os sales procedentes dos dedos do intérprete. Como resultado, a corda perderá o seu brillo no transcurso do tempo. Para axudar a resolver este problema, os fabricantes de cordas aplican un baño de metal ou unha cuberta de polímero para protexe-la corda da corrosión.
Notas
editar- Rohrtech (Fabricante de núcleos de titanio para cordas).
- Profesor String (Investigador musical de cordas).